EXTRACTO DAS BASES

Estas axudas para a creación de empresas en zonas rurais de Galicia teñen como obxectivo a creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables.

A quen se destina?
• Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria.
• Autónomos, microempresas e pequenas empresas de nova creación.

Cal é a contía da axuda?
Ata 45.000 €.

Que proxectos son subvencionables?
• Talleres e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
• Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
• Prestación de servizos a empresas en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos, …).
• Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
• Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
• No sector da hostalería, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais singulares (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) que fagan uso do produto de proximidade.
• Entre outros.

Prazo de presentación
Aberto, 4 de xaneiro da o 8 de marzo do 2022.

Más información
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IG501A

Este novo bono de axuda da Xunta destinado a autónomos ten por obxectivo mellorar a competitividade empresarial ou profesional dos traballadores autónomos a través do desenvolvemento do seu enfoque estratéxico e investimentos en bens tanxibles e intanxibles.

A quen se destina?
Persoas traballadoras autónomas e autónomos societarios con antigüidade de maneira ininterrompida de 42 meses con domicilio fiscal en Galicia

Cal é a contía da axuda?
Un 80% sobre o investimento con ata 3.000 € de axuda.

Que gastos son subvencionables?
 Desenvolvemento de plans de márketing, comunicación, crecemento, e demais cara a melloras a nivel produtivo.
 Investimento en maquinaria, mobiliario, reforma do local do negocio, equipamentos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas e páxina web, entre outros gastos.

Prazo de presentación
Dende o 14 de xaneiro ata o 14 de febreiro.

Mais información
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211230/AnuncioG0599-291221-0003_es.html