CARRAL ULTIMA A 8ª EDICIÓN DO MARATÓN DE FÚTBOL SALA DE NADAL

Esta clásica competición futbolística terá lugar o sábado 24 de decembro.

Continuando coa programación deportiva municipal de Nadal, o sábado 24 de decembro o Concello e o club Cauca de Carral organizan o “VIII Maratón de Nadal de Fútbol Sala”. Esta competición ten como obxectivo fomentar a práctica deportiva en todos os ámbitos da sociedade.

 

O campionato terá lugar no Pavillón Municipal de Espiño e comezará ás 9 da mañá cunha fase de liguiña na que os 12 equipos inscritos, divididos en 4 grupos, disputarán encontros de 20 minutos. Espérase que esta fase termine sobre as 14.30 h. Os cuartos de final, semifinais e FINAL empezarán a partir das 15.00 h entre os 2 mellores equipos de cada grupo da liguiña. Agárdase que todos os partidos terminen ás 18.30 h, momento no que o concelleiro de deportes, Rubén Regueira, fará a entrega dos  trofeos aos dous primeiros clasificados, ao máximo goleador do torneo, e ao porteiro menos goleado.

 

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981. 672.580 no mail deportes@carral.es.