CARRAL PON FIN AO SEU SERVIZO DE IMPRESIÓN E REPARTO DE TAREFAS ESCOLARES, DO QUE SE BENEFICIARON MEDIO CENTENAR DE EMPRESAS

Co inicio da crise sanitaria, o Concello de Carral puxo en marcha diferentes medidas para frear o impacto o COVID-19 no municipio. Entre elas, o goberno local arrincou un servizo de impresión e repartición a domicilio de tarefas escolares para as familias con menos recursos de Carral. Agora, co fin do ano académico, o Concello clausura a esta prestación, da que se beneficiaron medio centenar de alumnos e alumnas de educación Primaria e Secundaria.

Como indica o goberno local, o obxectivo era que “o alumnado puidese continuar coa súa formación a distancia. Non queriamos que a emerxencia sanitaria frease a súa aprendizaxe”.

De acordo co equipo docente, os centros de ensino remitían ao Concello as tarefas e os datos de cada estudante para realizar as entregas todos os martes. En total, esta prestación funcionou durante 12 semanas.

A maiores, o persoal municipal asumiu tamén a repartición a domicilio de libros, cadernos e material de actividades extraescolares.