CARRAL CELEBROU A SÚA XIX EXHIBICIÓN DE PATINAXE ARTÍSTICA

A Concellería de Deportes contou coa participación de 7 clubs/escolas e un total de 185 patinadores. 

O pavillón de Espiño de Carral acolleu o pasado domingo 5, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística organizada polo Concello de Carral e o club de patinaxe Alquimia. Comezou ás 11.00  h e terminou sobre as 13.00  h., momento no que todos os participantes recibiron un agasallo conmemorativo do evento.

Nesta cita deportiva, puidemos contar coa presenza de 7 clubs, colexios e escolas deportivas municipais de patinaxe de diversos puntos da xeografía coruñesa; Colexio Brexo Lema (de Cambre), o club  Velúa, o club  Raiola (Ferrol), …, e por suposto o club Alquimia de e a escola deportiva municipal de Carral.  En total reuníronse 185 patinadores de idades comprendidas entre os 4 e 18 anos e moitos máis acompañantes (ao redor de 450 espectadores). As patinadoras mostraron as súas habilidades sobre as oito rodas o longo das 19 actuacións das que constou o certame. En primeiro lugar foron as máis pequenas as que demostraron as súas aprendizaxes nestes meses de adestramento. Tomáronlles a substitución as patinadoras infantís e por último mostraron as súas destrezas as “veteranas” da especialidade.

Tamén temos destacar e agradecer, por parte do  C. P. Alquimia de Carral, a presenza da parella de danza formada por Brais  Cano e Sabela Santiso, campións galegos da modalidade, ou  Enya Rodríguez, medalla de bronce no campionato de España. Tamén puidemos gozar da participación do cuarteto de grupo Show, 5º tamén no campionato de España ou o grupo Junior, que foron bronce no trofeo internacional da Latina (Madrid). Estes deportistas de talla nacional mostraron unha pequena parte da súa mestría no deporte do patín para motivar e alentar aos novos patinadores con actuacións que, ao mesmo tempo, entusiasmaron ao público asistente.

Ao terminar o evento, o alcalde, José Luis Fernández Mouriño, fixo entrega dunhas medallas conmemorativas a todos os participantes e, ás adestradoras convidadas, duns ramos de flores como agradecemento ao enorme esforzo mostrado na preparación destes grupos.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981.672.580 ou no  mail deportes@carral.es.

 

Fotos Joan Dome

Fotos Joan Dome

Fotos

Fotos