CARRAL ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A CELEBRACIÓN DO XXI TORNEO DE XADREZ DE NADAL

posted in: Sin categoría | 0
  • No torneo enfrontaranse xogadores das categorías Sub-10, Sub-14, Absoluto e Mellor local.

Carral converterase o sábado, 10 de decembro, no escenario do XXI Torneo de Xadrez de Nadal. A cita deportiva levarase a cabo no pavillón O Espiño entre as 16.30 e as 20.00 horas e, ao longo da mesma, está previsto que se dean cita 50 xogadores e xogadoras.

No torneo enfrontaranse participantes das categorías Sub-10, Sub-14, Absoluto e Mellor local. Estes niveis poderán modificarse en función do número de persoas anotadas en cada un. En canto ao desenvolvemento do certame, este disputarase por sistema suízo de sete rondas e o ritmo de xogo será de 10’ + 3’’.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 9 de decembro ou ata esgotarse as prazas. Para facelo, dispoñen das seguintes vías: o teléfono 981 67 25 80 e o correo deportes@carral.es.