CARRAL ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN

O Concello de Carral acaba de abrir o prazo para inscribirse nos campamentos deportivos que terán lugar durante o mes de xullo e que están organizados e financiados pola Deputación da Coruña, en colaboración cos concellos provinciais que tramitan as inscricións.

Estes campamentos deportivos están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos que poderán realizar multitude de actividades deportivas tales como actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, fútbol, voleibol, volei praia, baloncesto etc., así como visitas a centros culturais na cidade da Coruña. Os raparigos/as estarán aloxados durante unha semana no Colexio IES Rosalía Mera.

O custo por neno/a é de 85 € que inclúe o transporte interno no campamento, o aloxamento en pensión completa, as actividades deportivas e as visitas culturais. Os asistentes de Carral acudirán na semana do 9 ao 14 de xullo e teñen ata o 7 de xuño para informarse e apuntarse nas dependencias municipais da Casa da Cultura, no tlfo. 981.67.25.80 ou no mail deportes@carral.es.