CAMPAÑA DE NADAL CO PROXECTO “REYES MAGOS DE VERDAD”

CAMPAÑA DE NADAL CO PROXECTO “ REYES MAGOS DE VERDAD”

Este ano, a Campaña de #Nadal que fai o Concello de Carral , realizarase a través do Proxecto “Reyes Magos de Verdad”.

O obxectivo é que tanto nenas e nenos como maiores do municipio que estean en situación desfavorecida , teñan #agasallos o día de Reis .
Esta iniciativa partiu fai 7 anos dun grupo de mulleres, coa finalidade de facer chegar a máxima cantidade de xente, o seu agasallo por Nadal. A particularidade desta proposta é que as persoas , teñen a oportunidade de pedir o seu agasallo a través dunha carta dirixida ao Reis Magos.

O funcionamento deste proxecto consiste:

Por un lado están as persoas “regaladoras”, que poden ser tanto empresas, como comercios , veciños e veciñas ….e por outro lado están as “persoas que piden agasallos” , persoas maiores, adultos, nenos e nenas que están en situación desfavorecida, beneficiarias dos servizos sociais do Concello ou ben de entidades de carácter benéfico.

As” persoas regaladoras” teñen que inscribirse na páxina web : http://reyesmagosdeverdad.org/wp-login.php?action=register.
Ahí, poñer a quen queren regalar: nenos e nenas, maiores…, e escoller a zona de entrega do seu agasallo.
A continución rebirán por mail a carta dunha persoa do colectivo escollido e a dirección de entrega do paquete.
Terán que escoller para regalar entre varias opcións que aparezan na carta, e valor, que oscilará entre 25 e 35€.

Dende a Concellería de Educación, Traballo e Benestar animámosvos a participar nesta nova iniciativa e así colaborar para que se cumpran as ilusións e os desexos das persoas que nos rodean.

Grazas!!!!!!