AS PISCINAS DE CARRAL INICIAN A TEMPADA DE VERÁN

posted in: Novas Concello | 0

Ao longo do verán pasado, as piscinas de municipais contaron con máis de 150 abonados e ao redor de 2.800 bañistas.

O concello de Carral abrirá ao público o venres 17 de xuño as piscinas municipais de  Paleo, que o igual que en tempadas pasadas, terá un horario de apertura de 12 a 21  h, de domingo a luns. Estas instalacións, que datan de 1995, atópanse incluídas no Complexo Deportivo e Cultural de  Paleo e están compostas de dúas piscinas, unha delas do tipo recreativo (de 25  m x 12,5  m) e outra do tipo batuxo infantil.

 

Os prezos este ano serán os seguintes:

PREZOS DAS PISCINAS EXTERIORES MUNICIPALES:

(BOP número 188, do venres 30 de setembro de 2011)

Entrada libre diaria 1,50 €
Entrada libre diaria para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos 1,00 €
Abono individual tempada de verán. 13,00 €
Abono familiar  tempada de verán. 22,00 €
Abono individual para menores de 18 anos, 3ª  idade e minusválidos 10,00 €
Menores de 3 anos Gratis

 

O IMPRESO DE ABONO PÓDESE DESCARGAR AQUÍ

 

Nas piscinas, que contarán con varios socorristas para a súa vixilancia. Os bañistas deberán usar roupa de baño e  chanclas, sendo recomendable o uso de gorro. Ademais, deberanse cumprir todas as normas relativas ás piscinas de uso público.

 

Cursos de natación:

Pola outra banda, un ano máis, o concello de Carral convoca os cursos de natación para os meses de xullo e agosto para nenos e nenas de entre 3 e 15 anos.  As datas previstas para estes cursos serán desde o 1 ao 29 de xullo e do 1 ao 31 de agosto.

 

Os alumnos distribuiranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartiranse en horario de mañá, entre as 11.00 e as 14.00  h segundo os grupos, gardando sempre a premisa de que os maiores acudirán nas primeiras horas da mañá e os máis pequenos en horario máis próximo ao medio día. As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno cada mes.

 

O prazo de inscrición para os cursos de xullo será desde lle día 20 ao 28 de xuño, mentres que a inscrición para os cursos de agosto irá desde o 15 ao 28 de xullo.

Para todos aqueles interesados poderán informarse ou inscribirse no Centro Deportivo de Carral, ( tlfo. 678.338.847), ou en deportes@carral.es.