AS NENAS, NENOS E A OMIX DE CARRAL DE PAINTBALL

O pasado día 9, un total de 20 nenos e nenas de Carral, pasaron unha tarde diferente coa OMIX, facendo unha actividade moi demandada pola mocidade, paintball.

Durante dúas horas este grupo de rapaces e rapazas, equipáronse con todo o necesario para a práctica de esta actividade de aventura, que se desenvolveu nunhas instalacións acondicionadas para elo, no concello de Pontedeume. Todo saiu mellor do esperado e as nenas e nenos quedaron moi satisfeitos da entretida e divertida tarde que pasamos.