ALUMNOS DA ESO COÑECERON COMO É A VIDA DOS ARTISTAS E A DO CINE DE ANIMACIÓN

poster_cartel_Artistinha_p_Galego-2wAlumnado do Instituto de Secundaria de Carral visitaron a Casa da Cultura onde puideron ver o documental Artistiña sobre a vida dos novos creadores das artes plásticas, e puideron coñecer da man do produtor e director Manolo Gómez cales son os procesos do cine de animación.

Foron dúas actividades que deron a coñecer as interioridades destes dous ámbitos da creación cultural, animando aos xoves a participar deles. Forman parte dunha programación da Concellería de Cultura que pretende ofrecer unha visión diferente dos detalles das múltiples expresións culturais.