AIRES DE CARRAL OFRECE O SEU CONCERTO CORAL DE VERÁN

Como cada ano, despois das festas do Socorro e antes da entrada do outono, a Asociación Cultural Aires de Carral presenta unha nova edición do seu Concerto Coral de Verán. Nesta ocasión participarán as corais do Centro Social de Luarca (Asturias) dirixida por Luis Eulogio Martínez Crespo, e Aires de Carral baixo a dirección de Juan José Gordillo.

O concerto, no que colabora a Concellería de Cultura do Concello de Carral, terá lugar este sábado 17 de setembro, ás 19:00 h, na sala polivalente do edificio social Toñito Espiñeira. A entrada é libre.

Cartel Concerto Verán 2016.