ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE XULLO

posted in: Novas Concello | 0

O prazo de inscrición nestes cursiños estará aberto ata o 30 de xuño ou ata completar as prazas

Un ano máis, o concello de Carral convoca os cursos de natación para os meses de xullo e agosto para nenos e nenas de entre 3 e 15 anos.  As datas previstas para estes cursos serán desde o 1 ao 29 de xullo e do 1 ao 31 de agosto.

 

Os alumnos distribuiranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartiranse en horario de mañá, entre as 11.00 e as 14.00  h segundo os grupos, gardando sempre a premisa de que os maiores acudirán nas primeiras horas da mañá e os máis pequenos en horario máis próximo ao medio día. As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno cada mes.

 

O prazo de inscrición para os cursos de xullo será desde lle día 20 ao 30 de xuño, mentres que a inscrición para os cursos de agosto irá desde o 15 ao 28 de xullo. Para todos aqueles interesados poderán informarse ou inscribirse no Centro Deportivo de Carral, ( tlfo. 678.338.847), ou en deportes@carral.es.