ÁBRESE A INSCRICIÓN PARA OS CURSOS DE NATACIÓN DE AGOSTO EN CARRAL

Durante o mes de xullo, son máis dun centenar os nenos/as inscritos.

 

Cartel Natación AgostoEntre o 15 e o 28 de xullo estará aberto o prazo para inscribirse nos cursos de natación que terán lugar durante o mes de agosto en Carral.

 

Ao longo do mes de xullo son máis de 100 os nenos e nenas inscritos nestes cursos de verán para aprender e/ou mellorar as súas habilidades acuáticas. Debido a esta alta demanda, o Concello ha decidiu realizar unha nova convocatoria de cursos para o mes de agosto.  Estas clases están dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. Os alumnos organizaranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse niveis de iniciación e de perfeccionamento. As clases terán lugar todos os días de luns a venres en horario de mañá (de 12.30 a 13.15 os maiores, e de 13.15 a 14.00 o grupo dos pequenos), sendo impartidos por monitores especialistas na modalidade. O prezo do curso será de 28 ?/alumno todo o mes.

 

Aqueles que desexen informarse ou inscribirse, aínda poden facelo no Complexo Deportivo de Carral, no teléfono 981.672.580 ou no correo deportes@carral.es.