A BIBLIOTECA MUNICIPAL COMEZA AS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA

posted in: Novas Concello | 0

Como cada ano por estas datas, a Biblioteca Municipal pon en marcha as actividades de animación á lectura dirixidas ós máis pequenos da casa.

Trinketrinke Teatro, será a compañía encargada de presentar cada mes un contacontos protagonizado pola familia dos Ratos de Lonxedetodo, vellos coñecidos de todos os nosos usuarios.

Nesta ocasión, será unha sesión moi especial pois visitarannos dous membros da familia Ratoncia que nos presentarán “Ovos, letras e galiñas”.  Estarán na Biblioteca Pública Municipal o xoves 19 de outubro ás 6 da tarde.

A función está dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos e será necesario recoller a invitación na Biblioteca Municipal ou na Biblioteca Infantil.