A BIBLIOTECA INFANTIL ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS

posted in: Novas Concello | 0

A partir do luns 19 de setembro a biblioteca infantil abre de novo as súas portas no seu horario habitual: luns, mércores e xoves de 16:30 a 19:00 horas.

Tralas reformas levadas a cabo durante o mes de agosto, as instalacións presentan un espazo máis amplo e mellorado para que os usuarios poidan gozar con comodidade da biblioteca e dos libros.