A BIBLIOTECA DISPÓN DUN NOVO RINCÓN DE LECTURA

NUEVO-RINCON-BIBLIOTECAA Biblioteca Municipal da Casa da Cultura ven de habilitar una nova zona de lectura na que dun xeito agradable os usuarios e usuarias poderán gozar dos libros.

O mobiliario deste rincón de lectura foi adquirido cunha subvención da Deputación Provincial da Coruña, e é unha das intervencións previstas no Plan de Mellora da Biblioteca Municipal.

Está previsto que en breve se cree unha zona cunha cabina de audiovisuais, ademais de mellorar o servizo de atención de ámbalas dúas bibliotecas municipais cunha nova aplicación informática.

Lembramos que o horario da Biblioteca da Casa da Cultura é de luns a venres de 9:00 a 14:00 h, e de 16:30 a 20:00 h, e os sábados de 10:00 a 13:00 h.