marties

En Carral podes ver vestixios tanto de civilizacións antigas como de épocas mais recentes. Podes recordar a historia do levantamento galeguista de 1846 e visitar os lugares onde foron xulgados e finalmente fusilados o coronel Miguel Solís e once dos seus homes. A auga esta moi relacionada coa industria panadeira de Carral, como confirman os numerosos muíños hidráulicos que hai na zona de Costa da Égoa, onde se moe o gran para convertelo en fariña. O Concello de Carral ten catro alturas principais: o Monte Xalo; San Bartolomé, nas Travesas; o Monte de Castro de Ameas e o Mirador de Lale-Rubieiro. Estas alturas ofrecen unhas vistas panorámicas do Concello de Carral e dos seus arredores, chegando a ver incluso a cidade de A Coruña.