Qué facer en Carral

Se sodes un grupo organizado, dun mínimo de 15 persoas, podedes contactar co Concello (981670002) e facer unha reserva para realizar:

  • Un paseo guiado de valde por lugares significativos do Concello.
  • Unha visita guiada á estación depuradora de Cañás para ver como funciona.
  • Ver como se elabora o famoso pan de Carral nunha panadería.
  • Facer distintos roteiros de sendeirismo: Roteiro dos Mártires, Roteiro da Costa da Égoa, Roteiro pola Ribeira do Río Barcés e Camiño Inglés de Santiago.
  • Visitar a Colección Visitable de O Castro de As Travesas ubicada na Casa da Cultura.