O programa Educando en valores do Concello de Carral leva seis anos desenvolvéndose nos niveis de educación Primaria e Secundaria dos centros educativos do municipio. Agora, a través deste programa, ponse en marcha Aulas con corazón, un proxecto de acompañamento emocional para as familias e os centros educativos.

POR QUE AULAS CON CORAZÓN?

Tras o momento inicial de curso no que o foco de actuación tivo que estar en protexer a saúde, en cumprir normas e obrigas e en adaptarse a protocolos e situacións, é importante recuperar a perspectiva e ter en conta que somos seres “senti-mentais” e que cada situación que vivimos nos afecta a tódolos niveis.

Levamos varios meses nunha situación de  alerta que está a deixar secuelas nas dimensións psicolóxica, afectiva, social e física en persoas de tódalas idades. Sabemos que tanto as familias como os centros educativos levades todo este tempo facendo un esforzo enorme para poder desenvolver a vosa labor educativa de cara aos máis novos e novas e que isto está a tar secuelas: desgaste emocional, desmotivación, cansancio, desestructuración, tensións, somatizacións…

Por este motivo, consideramos importante ofrecer un proxecto dende o Concello que poda soster e fortalecer a rede emocional sobre a que se  sustenta o benestar das rapazas e rapaces, unha rede formada principalmente polo profesorado e as familias.

QUE BUSCAMOS?

O proxecto busca apoiarvos ás persoas adultas que conformades a comunidade educativa, mellorando o voso benestar emocional e aportándovos ferramentas que repercutirán no ambiente familiar e de aula e, polo tanto, no benestar emocional das rapazas e rapaces. Así as accións irán en dous niveis:

1- a nivel persoal fortalecendo as vosas estratexias para a regulación de emocións, relaxación, e xestión do estrés.

2- a nivel educativo proporánsevos estratexias para abordar as situacións diarias que van xurdindo cos rapaces/as de xeito que se dea espazo para o seu coidado emocional tanto na escola como na casa.

COMO?

A metodoloxía do proxecto será semipresencial ou online, buscando ofrecer un formato sinxelo e cómodo que en lugar de aumentar a carga de traballo supoña un alivio a curto-medio prazo.

Cremos que é necesario voltar ao esencial , polo que se traballará sempre con prácticas e ferramentas moi sinxelas que se podan integrar facilmente na vida diaria tanto a nivel persoal como educativo e que non requiran dun gran esforzo en tempos ou recursos, o cal non significa que o impacto emocional e educativo non vaia ser a nivel profundo.

Estableceranse dous grupos de traballo, un dirixido a profesorado e outro a familias nos que o funcionamento será o mesmo:

  • Realizarase unha presentación online do proxecto antes de comezar o proceso.
  • Crearase un grupo de difusión a través do WhatsApp ou unha lista de correo de difusión para enviar os materiais.
  • Cada semana, durante 8 semanas, traballarase sobre un dos contidos propostos. Para isto enviaranse dúas ferramentas moi sinxelas en formato vídeo ou audio que permitirán practicar e integrar estes contidos na nosa vida diaria. Non che levará máis de 15-30 min cada unha.
  • Cada semana, durante 8 semanas, enviarase unha proposta de accións para a aplicar coas rapazas e rapaces relacionada coa práctica persoal da semana.
  • Ofrecerase acompañamento permanente durante o proceso para dúbidas e comentarios.
  • Na metade e no final do proceso realizarase un encontro presencial ou online onde ampliar coñecementos, afondar e compartir dúbidas e experiencias.
  • Ao finalizar o proceso entregarase unha GUÍA de ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL, a modo de resumo con novas ferramentas, libros e enlaces onde atopar máis información.

CONTIDOS DAS PRÁCTICAS:

Práctica 1: Conectar co corpo

Práctica 2: Atención plena

Práctica 3: Dar espazo ás emocións

Práctica 4: Ecoloxía mental

Práctica 5: Relación pensamento-emoción- sensación física-acción

Práctica 6: regulación emocional

Práctica 7: xeración de emocións positivas

Práctica 8: comunicación afectiva consciente

PROFESIONAIS:

O proxecto será guiado por dúas profesionais:

Noelia Darriba García (Atalaia Social): Educadora Social e Psicopedagoga Terapeuta familiar sistémica; Máster en Terapia do Reencontro; Posgrao en Educación Emocional USC; formación en novas metodoloxías socioafectivas, Mindfullnes en aula…

Naiara González Fontenla (Amareta): Educadora Social e Psicopedagoga; Terapeuta familiar sistémica; Mestra de Ioga Infantil ; Instructora de Ioga Integral; Formación en Biodanza, Educación Emocional, Atención Plena…

INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN:

Data límite de inscrición para as familias: 30 de novembro

TELÉFONO: 981.61.35.20 ou 659.553.938

ENDEREZO: serviciossociales@carral.es

 

Arquivos do proxecto Aulas con corazón:

cartaz familias carral 30 nov

 

Arquivos

Actividades semana do 11-17 de maio para o alumnado

Actividades semana do 11-17 de maio para as familias

 

Obradoiro de ioga en familia do 23 de maio

 

 

Actividades semana 18-24 de maio

 

 

Actividades semana 25-31 de maio

Obradoiro Ioga en familia 6 de xuño

 

 

Actividades semana 1-7 de xuño

Recursos do programa Educando en valores e conto

Peche do programa Educando en valores