Máis de medio centenar de arqueiros acudirán este sábado unha nova edición deste clásico torneo do Nadal. Read more

A Coral de Mulleres de Vilaboa (Culleredo) e a Polifónica Aires de Carral ofrecerán este domingo un concerto de panxoliñas no Local Xente Nova de Tabeaio, ás 1Cartel Concerto panxoliñas 2017-w.9:00 h.

A coral cullerdense creouse no 2008 e desde entón ten acumulado un extenso historial de concertos por diversas localidades de Galicia e España. Desde o seu nacemento a Coral de Mulleres de Vilaboa está dirixida por Antonio Piñeiro. Pola súa banda Aires de Carral, que xa acumula 36 anos de existencia, ten desenvolto un extenso repertorio, do que parte foi publicado no seu disco Ecos de Carral no 2013. O seu director é Juan José Gordillo.

A entrada ao concerto é libre e pídese puntualidade para evitar molestias durante as actuacións.

O Concello de Carral participa no proxecto “Reyes Magos de Verdad”. Desta maneira todas as persoas (tanto pequenos como maiores) que estén en situación desfavorecida económicamente e que consten nos servizos sociais do concello poderán ter o regalo que eles mesmos pidan, non un calquera. 105 persoas en Carral  fixeron a súa carta aos reis magos de Oriente. Agora soamente falta que calquera persoa ou empresa se inscriba na páxina web para ser regalador do que estas persoas pediron. Podedes escoller de coordinadora a Ana M. Nieves Ónega que é a coordinadora da nosa zona.

Para inscribirse como regalador pincha no seguinte enlace Inscrición como regalador

Se queres saber máis do proxecto podes chamar a Servizos Sociais ao 981613520 ou na páxina propia do proxecto

Reyes magos de verdad

 

 

cartel campaña comercio 20172018

 

O Concello de Carral quere seguir promocionando as compras nos comercios do municipio. Para eso organiza a Campaña de Comercio en Carral hai de todo. Mediante estal, e coas aportacións de cada comercio, os clientes que participen poden entrar no sorteo de ata un carretillo de fariña de 1000€. Podedes ver o montón de premios que se sortean no cartel. Pedide o voso boleto para poder participar se comprades nalgún dos comercios participantes. Lembrade que teñen que ir cubertos completamente e asinados tanto polo comercio como polo comprador.

 

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural presentou no pasado Culturgal o Banco de boas prácticas na xestión cultural, no que se recompilan 100 proxectos culturais galegos. Nesta selección están incluídos dous proxectos do Concello de Carral: o Premio de poesía Concello de Carral e Fotos para as mil historias de Carral.

Este banco de boas prácticas é un portal dixital que busca ser un escaparate de proxectos destacados e permitirá a difusión e visibilidade internacional de iniciativas culturais do panorama galego, así como a formación, mellora da empregabilidade e recoñecemento social do sector profesional da nosa cultura. Son 100 proxectos culturaisLogo AGPXC fondo transparente seleccionados en base a criterios de innovación, efectividade nos seus resultados,  exemplaridade inspiradora e transferibilidade.

O Premio de Poesía Concello de Carral ven de cumprir 20 anos de existencia. Está recoñecido como un dos principais certames literarios de Galicia cos que se ten potenciado a creación poética.

Pola súa banda a iniciativa denominada Fotos para as mil historias de Carral é un dos proxectos culturais municipais de maior éxito e impacto. A creación dun arquivo fotográfico, exposicións, libros e unha páxina de Facebook teñen unha alta aceptación e implicación da sociedade carralesa, tanto da que reside no municipio como no exterior.

Desde o Concello de Carral se manifesta a satisfacción por un traballo ben feito desde o departamento municipal de Cultura, que ten recibido a honra de que dous dos seus proxectos sexan recoñecidos como modelo de boa xestión cultural. Ao mesmo tempo felicítase á Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural por levar a cabo o Banco de Boas Prácticas co que se pon en valor a calidade das iniciativas culturais de Galicia.

Foto cartez Terapia de barA compañía de teatro amador O Aturuxo de Melpómene pechará o ciclo de teatro que organiza o Concello de Carral. Farao con Terapia de bar, unha comedia de terror, vicios e manías. O bar “Da Costa” é un bar perdido no medio do monte, onde rara vez para ninguén e cando o fai, non volve nunca máis. A propietaria e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e tamén polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios que segundo eles son os culpables de todos os males do ser humano: o xogo (aínda que sexa a brisca), os avances tecnolóxicos (aínda que só sexa unha chamada polo móbil) e a ambición desmesurada polo diñeiro (aínda que o único síntoma sexa non deixar a propina axeitada).

A función terá lugar o vindeiro sábado 2 de decembro, ás 20:30 h. no local Xente Nova de Tabeaio. É un espectáculo para todos os públicos e con entrada de balde. Prégase puntualidade, xa que non se permitirá o acceso á sala unha vez iniciada a obra.

Esta función teatral está incluída na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

AAS%20Ratina%20Carolina%20400Xxxx-146x201Os Ratos de Lonxedetodo veñen de montar a Asociación de Animais Solidarios que dende unha oficina montada na Biblioteca e a través do teléfono prestarán axuda a todo aquel animal que teña calquera tipo de problema. Esa vai ser a historia que verán os nenos e nenas que asistan á sesión de contacontos deste mes de novembro, que se realizará o xoves 30 de novembro ás 18:00 h na Casa da Cultura.

Para asistir é necesario retirar previamente os convites na Casa da Cultura. As prazas son limitadas. Prégase puntualidade para non interrumpir a función.

O Consorcio das Mariñas e o Concello de Carral presentan a exposición Territorio Acoutado, da que son autores Carlos Lorenzo e Olga Patiño. A mostra inaugurarase o venres 24 Cartel Territorio Acoutado - Carral.de novembro, ás 20:30 h, na sala de exposicións do edificio social Toñito Espiñeira de Carral.

Territorio Acoutado é un proxecto poético-fotográfico no que a poeta e o fotógrafo interactúan nos seus procesos creativos e dan como resultado un poemario e unha colección de 21 imaxes, que se presentan ao público emparellando poemas e fotos. O xermolo son as lembranzas de Olga Patiño dos seus períodos de vacacións que de nena pasou en Carral. Desde ese punto de partida foron creando Territorio Acoutado, que se materializa nunha exposición e nun libro editado por Edicións Espiral Maior. Os poemas enraízan no Carral de hai unhas décadas e as fotografías, difusas e imprecisas, captan un Carral recente e transformado.

Olga Patiño Nogueira é unha poeta galega con catro poemarios publicados en solitario, incluída en múltiples antoloxías  e obras colectivas, e con traxectoria no eido da tradución e da dirección teatral. Pola súa banda o fotógrafo Carlos Lorenzo Pérez é técnico de Cultura no Concello de Carral. Conta con varios libros publicados, entre eles dous de fotografía, e ten no prelo outro con imaxes de Celanova.  Territorio Acoutado será o seu segundo libro no que comparte proceso creativo cun poeta.

O Consorcio das Mariñas promove esta exposición e colabora na difusión do libro levando Territorio Acoutado por todos os concellos que o conforman. Ademais está previsto que a exposición percorra múltiples localidades de Galicia e que tamén estea presente en Madrid.

Portada TERRITORIO ACOUTADOA exposición estará aberta en Carral ata o 15 de decembro, en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20.00 h. No acto de inauguración está prevista a presenza do alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, do presidente do Consorcio das Mariñas e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, do poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello, e dos autores da exposición.

Obradoiro de escrita e fotografía poética

Como actividade asociada á exposición, Olga Patiño e Carlos Lorenzo ofrecerán un obradoiro para iniciar tanto na escrita como na fotografía poética. Esta actividade pretende ofrecer unhas nocións elementais sobre a escrita de poesía, sobre a fotografía poética e de como facer un traballo que xunte as dúas disciplinas.  Está dirixido a persoas maiores de 14 anos e non se requiren coñecementos previos nin de fotografía nin de poesía.

O obradoiro é de balde e realizarase na Casa da Cultura os sábados 2 e 9 de decembro, de 10:00 a 13:00 h. Para a parte fotográfica do obradoiro é suficiente con teléfono móbil con cámara. As persoas interesadas deberán inscribirse antes do 29 de novembro na Casa da Cultura.

18620773_10209531304785597_1224123715801315288_oA compañía de teatro Manicómicos presenta este sábado en Tabeaio a súa nova produción, A Orquestra do Mar. Será no local Xente Nova, ás 20:30 h, con entrada de balde e aforo limitado.

A obra, dirixida por Pablo Sánchez –Pablísimo-, lévanos ao ano 1958, no que o barco Atlantis percorre a ruta Coruña-Nova York trasladando a 200 pasaxeiros en camarotes de luxo e a 800 emigrantes nas adegas do barco. Nunha tormentosa noite, a imprevisible “Orquestra do Mar”, na que tocan distinguidas señoritas, ameniza as veladas aos pasaxeiros de primeira, para que poidan vomitar cun belo fondo sonoro. O concerto que podía ser trivial, convértese nunha cómica apocalipse da crueldade. Descubrimos que as artistas son mulleres que fora e dentro do escenario sofren discriminación, maltrato e opresión. Iso precipita a explosión das súas difíciles relacións coma virtuosas. Só hai un home na orquestra, o pianista, que é acosado pola prepotente directora pero tamén mantén un romance prohibido coa primeira violinista, xerando situacións hilarantes, baixo a atenta mirada dos oficiais do barco, que ameazan á orquestra coa humillación de rebaixala a tocar ante os emigrantes nas adegas do barco. É unha comedia moi tráxica salpicada de orixinais números musicais, coreografías imposibles e sketchs moi divertidos. Aínda que se afunda o mundo, compre que a orquestra non deixe de tocar..

No elenco de A Orquestra do Mar están, entre moitos outros, Willy Eter, Luis Quinteiro, Keke Díez, Malala Ricoy e Luis Vivanco.

Esta función está incluída no programa Teatro de Outono de Carral que rematará o 2 de decembro e que conta colaboración da Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural.

A Concellería de Cultura coa colaboración do Colexio Vicente Otero Valcárcel, levou a cabo esta semana un obradoiro de escrita creativa co alumnado de 5º e 6º. As actividades foron impartidas polos escritores Manuel Guisande e Dores Tembrás.

papeluchoCon estes obradoiros preténdese motivar aos rapaces para que escriban relatos e contos, fomentando así a súa creatividade e amor pola literatura. A Concellería de Cultura implantou no seu programa anual esta actividade que terá continuidade durante todos os cursos, para que todo o alumnado de primaria de Carral teña contacto coa creación literaria.

Neste mesma liña de actuación, o Concello de Carral tamén organiza obradoiros de poesía para o 4º curso de primaria e para toda a ESO, nos que rachar cos falsos tópicos desta modalidade literaria e nos que se anima á creación poética nas súas múltiples variantes (artística, escénica, fotográfica…). Os obradoiros de poesía impartiranse no mes de abril no marco do certame de poesía Concello de Carral.