Foron un total de 115 xogadores e 10 os equipos que tomaron parte nesta 2ª edición de Liga e Copa organizada polos Concellos de Cambre e Carral. Read more

Tes dudas sobre a limpeza de montes, distancias das plantacións, etc

Acércate o:

Mércores 27 de xuño de 2018
Casa de Cultura
19:00h

Máis información e inscripcions no servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

Por decreto da alcaldía nº 216/2018 do 15 de xuño de 2018 aprobáronse as bases que rexerán a contratación de cinco traballadores (un oficial de primeira, un oficial de segunda e tres peóns (albaneis)) para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais subvencionada pola Deputación da Coruña ao abeiro do Programa de Integración Laboral, PEL-CONCELLOS 2018.

Trataríase dun contrato de obra ou servizo determinado, a xornada completa, durante catro meses, suxeito as condicións das bases que rexen a contratación e a subvención da Excma. Deputación.

O prazo para a presentación de instancias será de cinco días hábiles dende a publicación deste anuncio no taboleiro e na web do Concello; isto é, ata o vindeiro 25 de xuño de 2018 incluído.

Se as persoas interesadas desexan optar a máis dun posto deberán presentar unha instancia por cada un deles.

Para calquera dúbida ou aclaración pode dirixirse ao departamento de Persoal do Concello de Carral en horario de nove a catorce horas.

oficial de 1ª bases

peón bases

oficial de 2ª bases

O verán pasado, máis de 160 nenos e nenas participaron nestes cursos entre xullo e agosto. Read more

Cumprindo as bases do programa dos “Campamentos Deportivos de Verán” da Deputación da Coruña, comunícase a todos os interesados que o LUNS 18 DE XUÑO, ÁS 9.30 H NO SALÓN MUNICIPAL DE PLENOS terá lugar o SORTEO PÚBLICO DAS 3 PRAZAS ADXUDICADAS A ESTE CONCELLO, ASÍ COMO A ORDE DOS SUPLENTES.

Aviso Sorteo

O alcalde e o concelleiro de deportes recibirán este venres pola tarde ás integrantes do equipo de ximnasia rítmica, recentes campioas galegas. Read more

Durante a proba, que se celebrará este domingo 17 de xuño, os ciclistas pasarán por lugares como  Cabrois,  Sergude, San Vicente de Vigo,  Cañás,  Herves ou Barcia. Read more

Redondo 4A Concellería de Cultura comeza o venres 8 de xuño cun novo programa cultural dirixido aos nenos e nenas de Carral. Papeques, que é o nome deste novo ciclo, terá películas, teatro e contacontos ao longo de tres semanas deste mes de xuño.

Os venres ofreceranse tres películas clásicas de Walt Disney, comezando por Dumbo, seguindo con Peter Pan e rematando con La dama y el vagabundo. Haberá unha sesión de contacontos a cargo de Pablísimo o xoves 14, e tres obras de teatro, tanto de actor como de monicreques, no local Xente Nova de Tabeaio, os tres sábados que comprende Papeques.

Dúas das funcións teatrais están dirixidas a bebés (de 1 a 3 anos de idade). A primeira é Redondo, un espectáculo de Caramuxo Teatro para a primeira infancia que xoga coas formas. A mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia. Redondo terá lugar o sábado 9 de xuño, ás 18:00 h.

Trompicallo ofrecerá a súa obra O día que chegou unha nube e choveu o sábado 16 de xuño. Dirixido a idades de 1 a 5 anos, é un espectáculo de actor e monicreques que destaca a importancia da auga para a existencia da vida. A compañía O Aturuxo de Melpómene pechará Papeques co espectáculo Misterios, escrita e dirixida por Paula Carballeira. Será o sábado 23 de xuño. Vai dirixida a nenas e nenos maiores de 6 anos.

As localidades para todas as actividades son limitadas e é recomendable que se retiren previamente as entradas na Casa da Cultura nos dous días anteriores a cada función ou proxección. As entradas son de balde.

Papeques é unha iniciativa do departamento de Cultura do Concello de Carral que conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural e da Xunta de Galicia co seu programa Ler conta moito.

Cartel Papeques 2018.

Carral pon a punto a piscina municipal para inaugurar unha nova tempada de baño

Carral dará por inaugurada a nova tempada de baño o vindeiro sábado, 16 de xuño, coa apertura ao público da piscina municipal. Con esta data en mente, o Concello de Carral intensifica agora os labores de acondicionamento para poñer a punto a piscina.

Os operarios levan dúas semanas acometendo diversas actuacións neste complexo deportivo: revisión das bombas, limpeza do vaso e dos filtros da piscina, cambio de auga e substitución das plaquetas danadas.

Esta instalación atraeu, o ano pasado, a uns 3.800 bañistas durante todo o verán. Ademais, este espazo acolle os cursos de natación para nenos durante os meses de xullo e agosto.