O goberno local elevará ao pleno de hoxe unha modificación de crédito para axustar o orzamento ás necesidades do Concello tras o fin da emerxencia sanitaria. Desde o equipo de goberno lembran que, na actualidade, estase a traballar co orzamento prorrogado do 2021, “cando nos atopabamos en plena pandemia. Nese momento, apostouse por incrementar, de xeito considerable, as partidas de servizos sociais e as de axudas ao tecido económico de Carral”. Con todo, estas consignacións económicas están por encima “do que se precisa nestes momentos polo que, de acordo coas recomendación da Intervención municipal, planeamos varias modificacións”.

En concreto, a modificación que se elevará no pleno supoñerá transferir 411.380,68 euros a partidas “esenciais”. A contía servirá, por exemplo, para favorecer a instalación de cámaras de seguridade que reforcen a seguridade cidadá no municipio (12.000 euros), para establecer convenios de colaboración con asociacións culturais, ambientais e deportivas, así como para afrontar importantes melloras en materia de obras e infraestruturas. Entre elas, a transferencia de capital permitirá realizar unha importante obra para resolver un problema na rede de saneamento xunto con Emalcsa.

Parte do montante empregarase, así mesmo, para a organización de actividades deportivas, culturais, campamentos e para programas de dinamización de feiras, entre outras.

Esta cantidade fora suplementada, no 2021, polo goberno local para facer fronte á emerxencia sanitaria da covid-19. Con todo, tal e como conclúen desde Intervención, “hai partidas orzamentarias que no exercicio de 2023 non son necesarias en parte ou na súa totalidade”. Entre elas, o goberno propón suprimir a consignación para o pago de débeda pública (que ascendía a preto de 200.000 euros e que foi liquidada). A maiores, axustaranse os apartados de axuda no fogar e de emerxencia social para adaptalos ao gasto real. Por último, suprímese a partida de 37.743,75 euros prevista, en 2021, para as axudas do programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña.

Estase a traballar na confección dos orzamentos do 2024 co obxectivo de que o documento económico estea aprobado de forma definitiva xa no mes de xaneiro.

Rematado o prazo de inscrición nos cursos de ioga do mes de agosto, fanse públicas as LISTAS DE ADMITIDOS – HORARIOS E GRUPOS

INFORMACIÓN SOBRE OS CURSO DE IOGA:

Datas e horario: do 1 ao 31 de agosto. (Gr.1=> martes/xoves de 18:30 a 19:30 h // Gr.2=> martes/xoves de 19:30 a 20:30 h) Lugar: Complexo Deportivo de Carral (Sala de actividades)
Destinatarios: A partir de 14 anos (preferencia empadroados/as ou matriculados na actividade durante o curso 2022-2023).
Prezo: 14 € todo o mes
Observacións para a inscrición:

Prazas limitadas / adxudicaranse por orde de inscrición

Publicación das listas de admitidos: 27 de xullo.

Prazo de pago: entre o 27e 31 de xullo (ata ás 14:00 h). Se o interesado non fixera o pago nas datas sinaladas, perderá a praza en favor do primeiro inscrito en lista de espera se a houbese.

Máis info no Complexo Deportivo (678.33.88.47) ou en complexo.deportivo@carral.es

Rematado o prazo de inscrición nos cursos de pádel do mes de agosto, fanse públicas as LISTAS DE ADMITIDOS – HORARIOS E GRUPOS

INFORMACIÓN DOS CURSOS DE PÁDEL:

Datas e horario: do 1 ao 31 de agosto / (Gr.1. martes/xoves de 19:30 a 20:30 h // Gr2. martes/xoves de 20.30 a 21.30 h)

Lugar: Complexo Deportivo de Carral
Destinatarios: A partir de 6 anos (preferencia empadroados/as).
Prezo: 22 € curso completo
Publicación das listas de admitidos: 27 de xullo.

Prazo de pago: entre o 27e 31 de xullo (ata ás 14:00 h). Se o interesado non fixera o pago nas datas sinaladas, perderá a praza en favor do primeiro inscrito en lista de espera se a houbese.

Máis info no Complexo Deportivo (678.33.88.47) ou en complexo.deportivo@carral.es

Publícase a plantilla coas respostas do exame tipo test, realizado o pasado 26 de xullo de 2023, para a selección dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais.

O exame está a disposición das persoas interesadas no departamento de RRHH do Concello.

Consulta aquí o documento.

Rematado o prazo de inscrición nos cursos de natación do mes de agosto, fanse públicas as LISTAS DE ADMITIDOS – HORARIOS E GRUPOS

INDICACIÓNS:

  • As datas nas que se impartirán estes cursos serán desde o 1 ao 31 de agosto.
  • Os cursos impartiranse nas piscinas municipais
  • Os grupos están divididos en función das idades dos inscritos, tendo preferencia, naqueles grupos nos que se superan os rateos alumnos/monitor, os empadroados.
  • Impartiranse clases de 45 minutos, nos seguintes horarios:
    • Grupo 1: nados do 2014 ao 2007, de 11:45 a 12:30 h.
    • Grupo 2: nados do 2017 ao 2015, de 12:30 a 13:15 h.
    • Grupo 3: nados do 2020 ao 2018, de 13:15 a 14:00 h.
  • CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: 
    • Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta / segundo os grupos
    • Preferencia aos empadroados/as.

Publicación das listas de admitidos: 26 de xullo.

Prazo de pago: entre o 26 e 31 de xullo (ata ás 14:00 h). Se o interesado non fixera o pago nas datas sinaladas, perderá a praza en favor do primeiro inscrito en lista de espera se a houbese.

Máis info no Complexo Deportivo (678.33.88.47) ou en complexo.deportivo@carral.es

Aprobación da lista de admitidos provisionalmente que se eleva a definitiva por non existiren excluídos, nomeamento de tribunal cualificador así como día, lugar e hora da proba do exame tipo test para a selección dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais.

Publícase o presente anuncio para xeral coñecemento das persoas interesadas no procedemento de selección.

Consulta aquí toda a información.

Publícase a acta do tribunal cualificador para a contratación dun ofiical de primeira/albanel para o departamento de Obras en substitución do titular do posto. 

Outórgaselle a todos os aspirantes un prazo de dous días para reclamacións.

Consulta aquí toda a información.

Aprobación da lista de admitidos provisionalmente que eleva a definitiva, nomeamento de tribunal cualificador así como día, lugar e hora das probas de selección para a contratación por substitución dun oficial de primeira/albanel.

Publícase o presente anuncio para xeral coñecemento das persoas interesadas no procedemento de selección dun oficial de primeira/albanel para o departamento de Obras.

Consulta aquí toda a información sobre a contratación.

O Concello de Carral inicia o expediente para a contratación dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais. Coa publicación das presentes bases iníciase o prazo para a presentación de solicitudes.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de RRHH do Concello.

O Concello de Carral inicia o expediente para a contratación dun/ha oficial de primeira/albanel para o departamento de Obras. Coa publicación das presentes bases iníciase o prazo para a presentación de solicutes.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de RRHH do Concello.