Galicreques Carral 2018 -3wAlumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP Vicente Otero tiveron ocasión de desfrutar do espectáculo da compañía arxentina Chachakün, Un secreto increíble. A función tivo lugar o pasado martes no local Xente Nova de Tabeaio.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral optou por manter unha das funcións previstas do festival Galicreques das Mariñas, que contaba ata o presente ano co apoio do Consorcio das Mariñas; mentres que  nalgúns outros concellos onde tiña lugar a mostra, optaron por non programalo neste exercicio. En Carral decidiuse manter a función escolar de Galicreques para que os máis pequenos teñan unha opción máis de achegarse ao teatro de títeres.

Antes do inicio do espectáculo, o técnico municipal de Cultura explicoulles aos rapaces as características dunha función teatral, cal é o comportamento que hai que ter durante o espectáculo e animounos a participar d as múltiples disciplinas da cultura.

Con data do 23 de outubro de 2018 resolveuse aprobar a listaxe de admitidos/as e excluídos/as provisionalmente para a contratación dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais (modalidade contractual de obra ou servizo determinado a tempo parcial) outorgándolles aos/ás exlcuídos/as un prazo de dous días hábiles para reclamacións ou correccións.

10599_Modelo Decreto admitidos provisional

20070612193323-samainO próximo sábado, 27 de outubro, o Concello de Carral celebra o Samaín cunha gran festa para tódolos nenos e nenas.

O pavillón do Espiño acollerá dende ás cinco da tarde, inchables, xogos e obradoiros de pintacaras e globoflexia.

Tres horas de diversión con música e baile e por suposto con disfraces propios da celebración.

2 E 3 DE NOVEMBRO DE 2018
Haberá clase teórica e saída ao camp
HORARIO: Venres de 20:00 a 22:00 h e sábado de 9:30 a 13:30
LUGAR: Ed. Social Toñito Espiñeira
PREZO: 10 euros
* Número mínimo de alumnos 15
Máis información e inscripcións no servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002
(maria.couto@carral.es)

Imaxe logo Biblioteca InfantilCo comezo do curso escolar, a Biblioteca Municipal retoma as actividades de animación á lectura. Estas actividades están dirixidas a nenas de 3 a  8 anos e celébraranse como xa é habitual o último xoves de cada mes na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura, dende o mes de outubro ata o mes de maio.

As sesións de contacontos estarán a cargo, un ano máis de Trinketrinke Teatro,  uns vellos coñecidos dos nosos usuarios e comezarán o xoves día 25 de outubro ás 18:00 horas coa sesión:  “A escola de Lonxedetodo”.

O mércores 24 de outubro, Trinketrinke presentará una sesión moi especial. Nesta ocasión dirixida ós máis pequenos da casa, nenos e nenas de 0 a 3 anos: “Paxariños”, un contacontos cheo de música e cor pensado para bebés. Será o mércores 24 de outubro ás 17:00 horas na Biblioteca Infantil (Rúa do Castro)

Para asistir é necesario retirar con anterioridade a invitación nas Bibliotecas Municipais. As prazas son limitadas.

A Casa da Cultura acollerá desde este venres ata final de ano, trece filmes de diferentes xéneros. A serie comezará con catro películas de produción galega, continuando con Cartel ciclo cine outono-nadal 2018filmes de gran éxito de recadación e galardóns, programando nas datas do Nadal tres películas de animación para todos os públicos.

O programa queda configurado así:

  • NOVE DE NOVEMBRO: 19 de outubro
  • PSICONAUTAS: 26 de outubro
  • MIMOSAS: 2 de novembro
  • SICIXIA: 9 de novembro
  • CHURCHILL: 16 de novembro
  • HANDÍA: 23 de novembro
  • LA LIBRERÍA: 30 de novembro
  • ASESINATO EN EL ORIENT EXPRESS: 7 de decembro
  • KINGSMAN: EL CÍRCULO DE ORO: 14 de decembro
  • LA REINA VICTORIA Y ABDUL: 21 de decembro
  • COCO: 15 de decembro
  • CARS 3: 22 de decembro
  • GRU 3: MI VILLANO FAVORITO: 29 de decembro

O próximo venres ábrese o programa cunha película recentemente premiada na Semana de Cine de Autor de Lugo. Trátase da primeira película galega de temática LGTB. En Nove de novembro Roberto e Miguel levan saíndo xuntos dez anos. Unha década de vida en común que volverá á súa memoria ao longo de catro días de novembro. Unha relación que parecía funcionar comeza a esnaquizarse co regreso de cada recordo. Na proxección desta obra contarase coa presenza do director, Lázaro Louzao, que Nove_de_Novembro-108637736-largepresentará o filme e manterá un coloquio cos asistentes ao final da proxección.

A entrada a todas as películas é de balde. Para a presentación dalgunhas das producións galegas cóntase coa colaboración da Deputación da Coruña.

Díptico programa de cine da Casa da Cultura

Por decreto da alcaldía nº 389/2018 do 11 de outubro de 2018 aprobáronse as bases que rexerán a contratación laboral temporal dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais, a tempo parcial, durante o tempo de IT da auxiliar administrativa de SS.

O prazo para a presentación de instancias será de cinco días naturais dende a publicación deste anuncio no taboleiro e na web do Concello.

Para calquera dúbida ou aclaración pode dirixirse ao departamento de Persoal do Concello de Carral en horario de nove a catorce horas.

10356_bases.doc

10358_Modelo Decreto

Foron 13 as actividades deportivas que comezaron esta pasada semana, xuntando a máis de 410 alumnos/as. Read more

Aparcadoiro
O luns 8 de outubro, o aparcadoiro de Paleo permanecerá pechado desde as 7.00 ata as 20.00 horas por mor dos traballos de marcaxe e mellora das prazas de aparcamentoHabilitarase unha finca anexa ao complexo deportivo a modo de área de estacionamento provisional. Desculpen as molestias.

ConcertoPizzicanDuo2018_1A Casa da Cultura acolleu na mañá de hoxe un concerto didáctico de Pizzican Duo, de Italia, para alumnado de 2º da ESO de Carral. O concerto forma parte do programa do Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa de Galicia no que desde hai tres anos Carral é unha das súas sedes. O festival está organizado por Pórtico das Artes e o Concello de Carral, a través da Concellería de Cultura, é unha das entidades colaboradoras.

O programa da actividade didáctica comprendeu obras de autores italianos e internacioais, entre eles Ennio Morricone e Astor Piazzolla. O dúo formado por Paola Esposito (mandolina) e Marcos Pizzorno (guitarra) comentaron as pezas interpretadas e as características dos instrumentos, respondendo ás preguntas dos asistentes.

O festival de pulso e púa rematará o vindeiro domingo cunha gala no teatro Rosalía de Castro con actuacións dos seis grupos participantes, procedentes de Colombia, Rusia, Italia, España, Arxentina e Portugal.