Xa case coma unha tradición, este ano regresamos ó Aquapark de Cerceda. Nesta ocasión será o día 27 de xuño.

Esta excursión, organizada pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil), está dirixida as rapazas e rapaces de entre 8 e 17 anos que sairán as 11:15 h. desde a Casa da Cultura, a onde tamén regresarán, sobre ás 19:30 h.

Abriremos un prazo de inscrición entre o 10 e o 25 de xuño, para o que aconsellamos non demorarse, xa que as prazas son limitadas. O prezo é de 8 euros.

Hai unha serie de recomendacións para pasar o día no parque acuático, non esquezas levar protección solar, nin unha gorra nin unhas chancletas e a toalla, e por suposto tampouco a túa comida.

Se precisas máis información podes chamar ó 981.67.25.80, ou pasarte pola Casa da Cultura, lugar ao que debes acudir se te queres inscribir.

Cartel (imaxe)

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) desenvolve desde hai uns anos proxectos de voluntariado europeo, para que mozos e mozas poidan realizar un voluntariado en algún país da Unión Europea.
Nesta ocasión estamos a desenvolver un proxecto conxunto co Concello de Prato (Italia), e co de Malta, no que un mozo ou moza, poderá realizar un servizo de voluntariado nalgunha destas localidades, por un período de 6 meses, entre setembro de 2019 e marzo de 2020.
Para explicar o proxecto e para saber como funciona este programa de voluntariado, o vindeiro xoves 13 de xuño, a partir das 19:00 h. levaremos a cabo unha sesión informativa no Local da Xuventude, na que explicaremos en que consiste este proxecto, cales son as condicion do voluntariado, o aloxamento, a manutencion, etc. e responderemos a todas as dubidas que poidades ter.
Se estás interesado/a, pásate!

Cartel (Imaxe)

De acordo ca lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, deberase presentar:

COMUNICACIÓN PREVIA AO CONCELLO PARA A REALIZACIÓN DAS FOGUEIRAS NA FESTIVIDADE DE SAN XOÁN

Máis información no servicio de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

comunicacion previa san xoan 2019

A Consellería de Medio Rural, publica:

– DOG nº98 do venres 24 de maio de 2019

AXUDAS Á APICULTURA

Máis información no servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

AnuncioG0426-140519-0001_gl

AnuncioG0426-140519-0002_gl

Unha vez rematado o curso 2018-2019 das escolas culturais municipais, o alumnado de Fotografía presenta parte dos seus traballos na sala de exposicións do Edificio Social Toñito Espiñeira.

A mostra estará aberta ao público ata o mércores 5 de xuño.

foto para exposición fotografía

PHOTO-2019-05-29-21-13-32

 

Cartel Acto poesía 2019.A Casa da Cultura de Carral acollerá este venres, ás 20:00 h, o acto do 22º Certame de Poesía Concello de Carral, no que se lle entregará o premio a Xurxo Alonso por gañar esta edición co seu libro En luz escrita, e no que tamén se presentará a publicación do libro gañador do ano pasado, As bicis de Xabier Cid.

O acto estará presidido polo alcalde en funcións José Luis Fernández Mouriño, e contará tamén coa participación do director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, do escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello, e de Inma Otero, membro do xurado da presente edición.

Teatro do Atlántico pechará o acto co espectáculo poético musical De abrentes e ocasos, facendo un percorrido por poemas dalgúns dos nosos autores e autoras galegas máis significativas, coa música en directo ao piano de Nani García.

Como en edicións anteriores deste premio, o Concello de Carral, grazas á colaboración da Xunta de Galicia, agasalla aos asistentes o libro que se presenta. Nesta ocasión Xabier Cid poderá dedicarllo aos participantes no acto.De abrentes e ocasos

Nesta semana tamén se están facendo os actos de entrega dos premios dos concurso escolar e xuvenil de poesía, no que se presentaron un total de 28 obras. Os actos estanse a facer nos centros de ensino, no que se premian os tres mellores poemas de cada categoría e no que se fai entrega a todos os participantes de agasallos consistentes en libros e discos cedidos pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e do propio Concello de Carral.

Apróbanse as axudas ao estudo do Concello de Carral para o curso 2018-2019

Ata o 11 de xuño pódense presentar solicitude para axudas ao estudo os estudantes empadronados en Carral que cumpran os seguintes requisitos:

1.–Estando empadroados/as no municipio de Carral, as persoas que se atopan en algunha/s das circunstancias seguintes:

2.–Estudantes de 2.º ciclo de educación infantil que cursen  os seus estudos en centros de carácter oficial, públicos ou concertados.

3.–Estudantes que se atopen en algunha/s das seguintes circunstancias: 3.a).–Estar matriculados/as en calquera curso dos estudos de educación postobrigatoria (ciclos formativos, bacharelato ou similares) durante o curso 2018/2019 nun centro de carácter oficial, público ou concertado.

3.b).–Estar matriculados/as na formación profesional básica durante o curso 2018/2019 nun centro de carácter oficial, público ou concertado. 4.–Estar matriculados/as en calquera curso das seguintes ensinanzas universitarias do sistema universitario español realizados en centros españois, públicos ou privados, con validez no territorio nacional: ensinanzas conducentes a títulos oficiais de Grado ou Máster (no Doctorado); ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado/a, Enxeñeiro/a, Arquitecto/a, Diplomado/a, Mestre/a, Enxeñeiro/a Técnico/a e Arquitecto/a Técnico/a”

Bases axudas ao estudo

Bases con solicitude

 

Xurxo Alonso, coa súa obra En luz escrita resultou gañador do Concurso de Poesía “Concello de Carral” do presente ano.

Xurxo AlonsoO xurado salienta neste poemario a súa sólida arquitectura, a forza intensional do conxunto e a admirable estratificación conceptual do discurso, inzado de citas, homenaxes e intertextualidades que entroncan este texto coa mellor tradición galega e foránea. Tamén si, o xurado destacou a singular voz poética que espella nun léxico celmoso, o perfilado de visopoemas que recrean unha moi particular e xenuína atmosfera luminosa e a concepción xeral do poemario como un mecano de magnífica orquestración sinfónica.

No ano 2004, Xurxo Alonso xa gañara este premio co libro Breviario de Aldemunde.

O xurado do concurso estivo formado por Inma Otero, Armando Requeixo e Xabier Cid, coa presidencia da Concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez. Ao certame presentáronse un total de 44 poemarios.

O premio de Carral está dotado con 2500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.

Xurxo Alonso (Bos Aires, 1956) é pintor ademais de poeta. Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, formouse na súa faceta plástica nos obradoiros de importantes artistas como Josep Guinovart, Manuel Alcorlo, Bonifacio Alonso e Bruce McLean. No eido poético, Alonso ten obtido boa parte dos galardós máis importantes de Galicia: Francisco Añón (1998), Xoán de Requeixo (1999), Avelina Valladares (2000 e 2018), Feliciano Rolán (2001), Johán Carballeira (2001), Fermín Bouza Brey (2003), Concello de Marín (2007), Concello de Ourense (2016) e Díaz Castro (2018). O seu libro máis recente é No interior do vento, publicado por Edicións Fervenzas e que resultou gañador do Premio Avelina Valladares.

O acto de entrega do premio “Concello de Carral” terá lugar o 31 de maio, na Casa da Cultura de Carral, dentro da programación de Letras Galegas 2019. O mesmo acto servirá para a presentación do poemario que gañou na pasada edición, As bicis de Xabier Cid. Como remate a esta homenaxe á poesía, a compañía Teatro do Atlántico presentará o seu espectáculo poético De abrentes e ocasos.

Como ven sendo habitual nas últimas edicións, a Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral,  a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais para a publicación da obra premiada.