Peche dos campamentos de verán do Concello de Carral

 Ao redor de 130 nenos e nenas participaron nos campamentos de verán programados polo Concello de Carral, que contaron cun protocolo para evitar posibles contaxios por COVID-19.

Hoxe tivo lugar a xornada de clausura da terceira e última quenda duns campamentos que comezaron o 1 de xullo e que contaron con diferentes temáticas. Nesta ocasión, a última proposta buscaba concienciar aos pequenos e pequenas sobre o coidado do medio ambiente, a ecoloxía e a reciclaxe.

Ao longo desta quenda, os nenos e nenas -de entre 3 e 15 anos- participaron en actividades multideporte, socioculturais, de concienciación ambiental, reciclaxe e en excursións.

Protocolo de seguridade

O Concello reforzou, este verán, a súa aposta polas actividades e medidas de conciliación.      Como explican desde o goberno local, “considerabamos necesario reforzar as actividades de conciliación pero na situación actual, a seguridade é, máis que nunca, a máxima prioridade. Por iso, reaxustouse a organización dos campamentos aplicando un completo protocolo”.

Estas actividades leváronse a cabo no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no local interxeracional co fin de cumprir coas distancias de seguridade. Para acceder a estes recintos, os participantes tiñan que desinfectar calzado e mans e someterse, así mesmo, á medición da temperatura.

Os cativos e cativas maiores de 6 anos debían empregar a máscara de xeito obrigatorio, agás naqueles casos nos que os presenten algunha patoloxía que impedise este uso. No caso das excursións, todos os nenos e nenas, con independencia da súa idade, debían levar a máscara de protección no autobús, tal e como indica a normativa. Unha vez dentro do recinto dos campamentos, os rapaces e rapazas estaban separados en grupos formados por un máximo de 10 participantes.

O Concello de Carral remitiu un escrito á  Xefatura Territorial de  Mobilidade da Xunta de Galicia solicitándolle que manteña a liña de autobús que vai de Vila de Cruces a A Coruña e que, a pesar de presentar o goberno local alegacións contra a súa supresión, finalmente non se incluíu no Plan de  Mobilidade.

Este itinerario, que vai de Vila de Cruces a A Coruña e pasa por Mesía,  As  Travesas, Montouto, Figueroa,  Sarandóns, Carral e  Tabeaio é de vital importancia xa que por unha banda é o único que une  As Travesas con Carral e tamén é o que permite aos peregrinos do Camiño Inglés visitar A Coruña, un servizo moi demandado.

A supresión desta liña significará illar aos veciños e veciñas destes núcleos anteriormente citados dos centros de poboación máis importantes da zona como é Carral, lugar ao que por proximidade acoden moitos residentes de Figueroa e  Sarandóns (Abegondo) para ir ao médico, ao colexio ou mesmo a facer as súas compras.

Desde o goberno local inciden en que “no seu momento xa manifestamos a nosa oposición total á supresión desta liña, que cremos que é imprescindible. O rural precisa servizos e o único que se consigue con estas decisións é afastar á xente das zonas rurais”

Cartel Noite de Película 2020O ciclo anual Noites de película que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, volve esta semana con dúas películas de gran éxito.

Bohemian Rhapsody, o biopic sobre Freddie Mercury e o seu grupo Queen é a película que se ofrecerá o martes 1 de setembro, mentres que o thriller Quien a hierro mata presentarase o mércores 2 de setembro.

Ámbalas proxeccións comezarán ás 22:00 h.

Durante as películas é obrigatorio o uso da máscara e manter a distancia de seguridade.

O Concello de Carral quere que a veciñanza do municipio se involucre no devir deste e por iso creou ‘Cuida Carral’, unha aplicación para dispositivos móbiles que permite ao cidadán estar ao tanto da actualidade municipal e comunicar incidencias ou achegas.

A aplicación, que está dispoñible para descargar en dispositivos Android e IOS, conta cun apartado de incidencias para que os cidadáns comuniquen ao goberno local posibles situacións a mellorar e poder arranxalos así o antes posible. A ferramenta permite engadir a xeolocalización da incidencia, unha fotografía e un pequeno texto describíndoa. Ademais, poderá estar ao tanto da evolución do seu aporte, tendo constancia de que se está tramitando e de cando se resolva.

Por outra banda, o usuario ou usuaria tamén recibirá no seu dispositivo as últimas novas municipais, estando así informando ao instante de todo o que sucede no municipio.

A app pode descargarse tanto na Play Store nos dispositivos Android como na App Store para IOS.

portada Talabarte lowO ciclo de concertos Músicas Íntimas, concertos na Piscina chega esta fin de semana á súa quinta edición coa participación de Talabarte e Las Antonias.

Fake é o título do concerto de Talabarte, que coas súas músicas do mundo ocuparán o escenario o sábado. Pola súa banda Las Antonias actuarán o domingo co seu espectáculo Boleros e outras delicias. Os concertos comezarán ás 22:00 h.

O aforo está limitado polas exixencias sanitarias, polo que é necesario solicitar convites chamando á Casa da Cultura ao 981 67 25 80 antes das 12:00 h. do venres. No caso de choiva os concertos trasládanse á Casa da Cultura limitando a asistencia aos primeiros 25 convites.

Talabarte está formado por Quim Fariña, Kin García e Pedro Pascual, nomes intimamente vencellados con grandes proxectos da música galega coma Berrogüetto ou Marful e tamén con prestixiosos músicos de jazz coma Jorge Pardo, Walter White ou Steve Brown. Tras publicar o seu primeiro traballo discográfico, recibiron grandes eloxios de crítica e público, levando a súa musica por teatros, auditorios e festivais da Península Ibérica, Bretaña, Serbia… Fake saíu en 2016 con ilustracións de Pablo Xiráldez “O Pastor” e textos de Carlos Meixide acompañando músicas inspiradas por esas historias que non se sabe canto teñen de real e canto de mentira.Las Antonias Trío 2

Las Antonias nacen en 2015 na Sala Mardigras da Coruña cando dúas compañeiras de baile, das que queiman pista, decídense a montar unha banda feminina. Toma forma coa necesidade de devolverlles ás cancións de toda a vida, o empoderamento que as mulleres se merecen. Destripan boleros, tangos e outras delicias fundindo as súas voces entre guitarra, escobillas, melódica e un  fagot atopado. Introdúcennos con histriónico pracer no seu mundo Antoñil para facernos sentir e saber que todos somos Antonias e Antonios. Elas son Antonia Le (Ana Le), Antonia Colorees (Mamen  Bazarra) e Antonia  Pentagramas (Elena García-Fresca).

Músicas Íntimas conta co apoio de Agadic e a Deputación da Coruña.

A mellora da seguridade viaria no núcleo urbano e nas parroquias é unha das máximas prioridades do goberno local. Proba diso son as actuacións que o Concello de Carral e a Deputación da Coruña acaban de finiquitar en varios puntos do termo municipal. Este plan, financiado con fondos municipais e provinciais, supuxo a ampliación do ancho de vía en estradas das parroquias de Paleo, Quembre, Barcia e Cañás.

Tal e como explican desde o goberno local, “o obxectivo é seguir traballando para mellorar a rede de estradas e camiños non termo municipal, garantindo unha maior seguridade para os vehículos e tamén para vos veciños e veciñas que transitan por estas vías”. As actuacións xa rematadas supuxeron a creación de cunetas de seguridade nalgunhas das estradas destas parroquias. Estas intervencións serviron para ampliar o ancho da calzada, favorecendo a circulación dos coches e tamén a dos viandantes.

En concreto, estas obras realizáronse na DP-2104 –en San Pedro de Quembre e no lugar de Pousada en Barcia-; na DP-2105 á altura de Cabrois (Paleo) e, por último, no lugar de Soavila (parroquia de Santa Baía de Cañás). En total, sumando as actuacións nestes catro puntos, construíronse máis de 2 km de cunetas de seguridade.

Con todo, o executivo iniciará, de forma inminente, outras intervencións na estrada que une Cañás con Sergude e na vía que conecta Balbén con San Vicente de Vigo, onde se replicarán estes traballos.

Cunetas de seguridad

O goberno local estivo presente nunha nova reunión telemática co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia. No encontro, a Xunta pediu a colaboración dos Concellos para seguir traballando de xeito coordinado co fin de frear o avance da COVID-19 na área sanitaria da Coruña.

Desde o Concello ofreceron a súa completa disposición para continuar coa mesma liña de traballo e para reforzar a supervisión do cumprimento destas medidas. Neste sentido, preparouse un bando que recolle as seguintes medidas:

  • A utilización da máscara é obrigatoria en todas as circunstancias.
  • A poboación susceptible -maiores e persoas con patoloxías previas- debe evitar os sitios concorridos.
  • Nos locais de restauración ou nas terrazas o uso da máscara é obrigatorio. Só se pode prescindir dela no momento de estar consumindo.
  • É fundamental lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou cunha solución hidroalcohólica.
  • É crucial seguir mantendo a distancia de seguridade de 1,5 metros.
  • Hai que evitar as aglomeracións e sitios concorridos, así como as reunións con máis de 10 persoas -tanto en lugares públicos como privados-.
  • Evitade tocar os ollos, o nariz e a boca. Ao tusir ou esbichar hai que cubrir a boca co cóbado flexionado ou cun pano desbotable.
  • En caso de síntomas é preciso quedar na casa e contactar co médico de Atención Primaria.

 

117098893_2385787278396615_1334872389765429228_o

Desde o Concello de Carral organizamos o derradeiro campamento de verán para nenos e nenas de entre 3 e 15 anos, entre o 17 de agosto e o 4 de setembro.

Neste campamento a temática será o medio ambiente e a recilcaxe, e os/as participantes realizarán actividades de concienciación ambiental e reciclaxe, así coma actividades multideportivas, socioculturais e tamén excursións.

O prazo de inscrición rematará o día 13 de agosto. As persoas que precisen máis información poderán chamar ao teléfono 981 67 25 80 ou enviar un correo a casadacultura@carral.es. ou no 981.11.70.20 e en omix@carral.es

 

Protocolo de seguridade

O Concello reforzou, este verán, a súa aposta polas actividades e medidas de conciliación. Como explican desde o goberno local, “considerabamos necesario reforzar as actividades de conciliación pero na situación actual, a seguridade é, máis que nunca, a máxima prioridade. Por iso, reaxustouse a organización dos campamentos aplicando un completo protocolo”.

Estas actividades estanse a levar a cabo no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no local interxeracional co fin de cumprir coas distancias de seguridade. Para acceder a estes recintos, os participantes teñen que desinfectar calzado e mans e someterse, así mesmo, á medición da temperatura.

Os cativos e cativas maiores de 6 anos deben empregar a máscara de xeito obrigatorio, agás naqueles casos nos que os presenten algunha patoloxía que impida este uso. No caso das excursións, todos os nenos e nenas, con independencia da súa idade, deben levar a máscara de protección no autobús, tal e como indica a normativa. Unha vez dentro do recinto dos campamentos, os rapaces e rapazas están separados en grupos formados por un máximo de 10 participantes.

 Boletín de inscrición

 

Campamento Medio Ambiente e reciclaxe

A mellora das condicións de mobilidade e accesibilidade é, sen dúbida, un dos obxectivos do goberno local. Baixo esta premisa, o Concello de Carral acaba de construír unha rampla de acceso no local social da Cabra. O equipo de goberno executou esta actuación tras comprobar os problemas que as persoas con mobilidade reducida sufrían á hora de acceder a esta instalación.

Desde o goberno local solicitan a colaboración veciñal para eliminar as barreiras arquitectónicas neste tipo de dependencias: “se algún carralés ou carralesa detecta un problema de accesibilidade ou mobilidade nalgún local social ou dependencia municipal, pregámoslle que contacten co Concello para tentar pórlle unha solución”.

Para facer chegar este e outros avisos, os veciños e veciñas dispoñen da aplicación móbil Cuida Carral (dispoñible tanto para Android como para iOS). A través desta ferramenta, os cidadáns poden notificar incidencias achegando fotografías e mesmo a localización.

 

FOTO CARRAL- Local social A Cabra 2

CampamentosCarral_2quenda (2)

Coa vista posta no impulso de medidas que favorezan a conciliación das familias, Carral iniciou hoxe a 2ª quenda dos campamentos deportivos de verán. Nesta ocasión, o Concello levará a cabo o English Sport Camp, coa que combinarán o deporte e a aprendizaxe dun novo idioma. A rematará o 14 de agosto.

Ao longo desta segunda quenda, os nenos e nenas -de entre 3 e 15 anos- participarán en actividades multideporte, socioculturais, en excursións e en accións de inmersión lingüística.

Protocolo de seguridade

O Concello reforzou, este verán, a súa aposta polas actividades e medidas de conciliación.      Como explican desde o goberno local, “considerabamos necesario reforzar as actividades de conciliación pero na situación actual, a seguridade é, máis que nunca, a máxima prioridade. Por iso, reaxustouse a organización dos campamentos aplicando un completo protocolo”.

Estas actividades estanse a levar a cabo no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no local interxeracional co fin de cumprir coas distancias de seguridade. Para acceder a estes recintos, os participantes teñen que desinfectar calzado e mans e someterse, así mesmo, á medición da temperatura.

Os cativos e cativas maiores de 6 anos deben empregar a máscara de xeito obrigatorio, agás naqueles casos nos que os presenten algunha patoloxía que impida este uso. No caso das excursións, todos os nenos e nenas, con independencia da súa idade, deben levar a máscara de protección no autobús, tal e como indica a normativa. Unha vez dentro do recinto dos campamentos, os rapaces e rapazas están separados en grupos formados por un máximo de 10 participantes.