Xosé Luis Mosquera Camba 100pppO poeta e profesor de arte, Xosé Luís Mosquera Camba, obtén por segunda vez o premio do Certame de Poesía Concello de Carral, co libro titulado Das árbores tropicais e do amor e que presentou co seudónimo Sula Bassana.

Mosquera Camba xa fora premiado na edición décima do concurso co poemario Nadja c´est moi, publicado, ao igual que os restantes libros premiados, en Edicións Espiral Maior.

O xurado do concurso, que se reuniu onte na Casa da Cultura de Carral, estivo formado por Teresa Seara, Inma Otero, da Asociación da Crítica, e Modesto Fraga, gañador da pasada edición, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez. Ao certame presentáronse un total de 46 poemarios.

O xurado salienta a alta calidade dun bo número dos traballos presentados, sendo moitos deles merecentes de se publicar. Da obra seleccionada salienta que é un poemario de grande orixinalidade que domina a tradición, mesmo a non convencional, e que recorre a unha linguaxe depurada para, a través dela, facer unha viaxe xeográfica e tamén emocional onde teñan cabida outras linguas e presenzas culturais de gran calado.

O premio de Carral está dotado con 2500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.

O acto de entrega do premio terá lugar o 26 de maio, na Casa da Cultura de Carral, dentro da programación de Letras Galegas 2017. O mesmo acto servirá para a presentación do poemario que gañou na pasada edición, Devalar sen pel de Modesto Fraga. Para a publicación do libro o Concello de Carral contou coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Por mor do vixésimo aniversario deste certame literario, o Concello de Carral ten previsto varias actividades para repasar estas dúas décadas de promoción da poesía galega. O 10 de maio preséntase unha exposición nos exteriores da Casa da Cultura no que se repasan os autores e obras premiadas no certame. A mostra permañecerá ata o 4 de xuño. E por outra banda, no acto do 26 de maio estrearase o documental sobre a traxectoria do concurso carralés.

 

Xosé Luis Mosquera Camba 100pppEl poeta y profesor de arte, Xosé Luís Mosquera Camba, obtiene por segunda vez el premio del Certamen de Poesía Concello de Carral, con el libro titulado Das árbores tropicais e do amor y que presentó con el pseudónimo Sula Bassana.

Mosquera Camba ya había sido premiado en la edición décima del concurso con el poemario Nadja c´est moi, publicado, al igual que los restantes libros premiados, en Edicións Espiral Maior.

El jurado del concurso, que se reunió ayer en la Casa de la Cultura de Carral, estuvo formado por Teresa Seara, Inma Otero, de la Asociación de la Crítica, y Modesto Fraga, ganador de la pasada edición, bajo la presidencia de la Concejala de Cultura, Margarita Ramilo Varela, y asistidos en calidad de secretario, por el técnico municipal de Cultura y coordinador del premio, Carlos Lorenzo Pérez. Al certamen se presentaron un total de 46 poemarios.

El jurado destaca la alta calidad de un buen número de trabajos presentados, siendo muchos de ellos merecientes de publicarse. De la obra seleccionada destaca que es un poemario de gran originalidad que domina la tradición, mismo la no convencional, y que recurre a un lenguaje depurado para, a través del, hacer un viaje geográfico y también emocional donde tengan cabida otras lenguas y presencias culturales de gran calado.

El premio de Carral está dotado con 2500 euros y la publicación de la obra en la colección de poesía de Edicións Espiral Maior.

El acto de entrega del premio tendrá lugar el 26 de mayo, en la Casa de la Cultura de Carral, dentro de la programación de Letras Galegas 2017. El mismo acto servirá para la presentación del poemario que ganó en la pasada edición, Devalar sen piel de Modesto Fraga. Para la publicación del libro el Ayuntamiento de Carral contó con la colaboración económica de la Secretaría Xeral de Política Lingüística y de la Secretaría Xeral de Cultura de la Xunta de Galicia.

Por mor del vigésimo aniversario de este certamen literario, el Ayuntamiento de Carral ha previsto varias actividades para repasar estas dos décadas de promoción de la poesía gallega. El 10 de mayo se presenta una exposición en los exteriores de la Casa de la Cultura en el que se repasan los autores y obras premiadas en el certamen. La muestra permanecerá hasta el 4 de junio. Y por otra parte, en el acto de 26 de mayo se estrenará el documental sobre la trayectoria del concurso carralés.

 

O Instituto Enerxético de Galicia publica axudas para a instalación de equipos de aproveitamento de enerxías renovables (biogás, aerotermia e xeotermia, solar térmica…) en empresas de produción agrícola.

Prazo: 1 mes

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981 67 00 02.

O Instituto Enerxético de Galicia publica ayudas para la instalación de equipos de aprovechamiento de energías renovables (biogás, aerotermia y geotermia, solar térmica…) en empresas de producción agrícola
Plazo: 1 mes
Más información en el servicio de Medio Ambiente del Concello o en el teléfono 981 67 00 02.

Xa tedes desculpa para vir a Carral e desfrutar dunha auténtica Cervexa Artesana acompañada dun bo xamón.

Acercádevos a Carral este fin de semana. Ademáis o sábado coincide coas actividades que desenvolve a Asociación  Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro co gallo do homenaxe aos Mártires de Carral e o domingo coa nosa feira de último de mes con postos de verduras, alimentación, textil e os churrros Valdés que levan vindo a Carral toda a vida. Vide a Carral !!

CARTEL CARRAL 2017

 

Ya teneis disculpa para venir a Carral y disfrutar de una auténtica Cerveza Artesana acompañada de un buen jamón.

Acercaros a Carral este fin de semana. Además el sábado coincide con las actividades que desarrolla la Asociación  Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro en homenaje  a los Mártires de Carral y el domingo con  nuestra feria de último de mes con puestos de verduras, alimentación, textil y los churrros Valdés que llevan viniendo a Carral toda la vida. Venid a Carral !!

CARTEL CARRAL 2017

O pasado luns 17 de abril saiu publicada no DOGA a CAMPAÑA DE VERÁN da Xunta para este ano, destinada a rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos.

A CAMPAÑA DE VERAN da Xunta, trátase dun programa de actividades de caracter lúdico, cultural, deportivo e formativo durante os meses de xullo e agosto, de diferente días de duración e en diferentes lugares da xeografía galega e doutras comunidades autónomas. O prazo para presentar as solicitudes para participar nesta campaña remata o 2 de maio, e podes consultar as bases, as datas e os prezos dos campamentos en www.xuventude.net, ou pasándote pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil), na Casa da Cultura, teléfono 981.67.25.80, ou a través do correo electrónico omix@carral.es.

Imaxe nova páx. web

El pasado lunes 17 de abril salió publicado en el DOGA la CAMPAÑA DE VERÁN de la Xunta para este año, destinada a jóvenes de entre 9 e 17 anos.

La CAMPAÑA DE VERAN de la Xunta, se trata de un programa de actividades de caracter lúdico, cultural, deportivo y formativo durante los meses de julio y agosto, de diferente días de duración y en diferentes lugares de la geografía gallega y de otras comunidades autónomas. El plazo para presentar las solicitudes para participar en esta campaña finaliza el 2 de mayo, y puedes consultar las bases, las fechas y los precios de los campamentos en www.xuventude.net, o pasándote por la OMIX (oficina municipal de información xuvenil), en la Casa de la Cultura, teléfono 981.67.25.80, o a través del correo electrónico omix@carral.es.

Imaxe nova páx. web

A Corporación municipal, encabezada polo alcalde José Luis Fernández Mouriño, levarán a cabo no monumento aos Mártires da Liberdade, unha ofrenda floral para homenaxear aos doce oficiais fusilados en Carral o 26 de abril de 1846.

Unha comitiva partirá desde a Casa do Concello ás 12:00 h, en dirección ao monumento. No acto participará tamén alumnado dos institutos de secundaria de Carral e de Teo.

Cartel Mapa conferencia CarralCristóbal Ramírez, presidente durante vinte anos da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago e experto en divulgación das rutas xacobeas, ofrecerá este xoves unha charla sobre o Camiño Inglés. A conferencia está organizada pola Deputación da Coruña e a Concellería de Cultura do Concello de Carral, e está dirixida a público en xeral. Terá lugar na Casa da Cultura ás 20:00 h.

A actividade forma parte dun ciclo de conferencias divulgativas sobre a historia da ruta e os seus múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e arquitectónicos, a cargo do xornalista Cristóbal Ramírez.

Ante o crecemento de peregrinos que está a ter o Camiño Inglés, o Concello de Carral recomenda a aquelas persoas que teñen comercios, aloxamentos ou entidades culturais ou veciñais na contorna desta ruta xacobea, que participen na charla para coñecer con maior profundidade os valores e potencialidades desta ruta.