alfonso-graciaAlfonso García González

Esta concellería é a encargada da configuración, xestión e control do orzamento municipal; da xestión e control urbanístico e da concesión de licenzas de obras.
As súas dependencias están situadas en :

Casa do Concello
Campo da Feira, s/n
15175- Carral - A Coruña - España

Tel: 981 670002
Fax: 981 672282


florinda-duarteFlorinda Duarte Gerpe

O departamento de Educación, Traballo e Benestar encárgase da xestión das responsabilidades nestas materias.
Dende Educación vélase porque o funcionamento e instalacións educativas sexan o máis axeitados para a comunidade educativa. Ademáis ofértase unha amplia variedade de actividades extraescolares e un servizo de orientación e asesoramento educativo e formativo.
Dende a área de Traballo existe unha bolsa de emprego na que os desempregados se poden inscribir e as empresas solicitar traballadores. Desde esta mesma área xestiónase a venda ambulante, as feiras (4,13 e o último domingo de cada mes) e o comercio. Así mesmo e como medidas de desenvolvemento local organízase a Festa do Pan e a Festa da Empanada e se realizan diversas accións de promoción do turismo.
Dende Benestar xestiónanse os asuntos de servizos sociais, tendo a disposición dos veciños o servizo e asesoramento das traballadoras sociais e da educadora familiar. Respóndense a necesidades de tipo asistencial, familiar, dependencia, de menores e terceira idade. Tamén existen diversas actividades para a Terceira Idade.

As súas dependencias están situadas en :

Edificio Social “Toñito Espiñeira”
Rúa Manuel Méndez Búa s/n
15175 – Carral – A Coruña - España

Tel. 981 613520 - 639815415
Fax: 981 670840
educacion@carral.es
servizossociais@carral.es


margarita-ramiloMargarita Ramilo Varela

A esta área municipal correspóndelle a dinamización da cultura local, da conservación do patrimonio cultural, así como da dinamización social do municipio colaborando na labor emprendida polas asociacións locais.

As súas dependencias están situadas en :

Casa da Cultura
Rúa de Paleo, 17
15175 – Carral – A Coruña - España

Tel: 981 672580
cultura@carral.es
http://culturacarral.blogaliza.org


ruben-regueiraRubén Regueira Moar

A concellería de Deportes e Xuventude ocúpase de prestar os servizos deportivos municipais, da xestión das instalacións deportivas e xuvenís, ademais de atender as necesidades e demandas da mocidade do concello a través da OMIX (oficina municipal de información xuvenil). Tamén colabora coas asociacións do ámbito tanto xuvenil coma deportivo do municipio.

As súas dependencias están situadas en :

Casa da Cultura
Rúa de Paleo, 17
15175 – Carral – A Coruña - España

Tel: 981 672580
deportes@carral.es

 


jose-manuel-montesJosé Manuel Montes Martinez

Esta área encargase dos traballos relacionados coa conservación do medio ambiente, información, concienciación e divulgacion ambiental así como da elaboración de informes e trámites medioambientales. Mantenemento e desenvolvemento de infraestruturas. Coordinación das actividades de protección civil

As súas dependencias están situadas en :

Casa do Concello
Campo da Feira, s/n
15175- Carral - A Coruña - España

Tel: 981 670002
Fax: 981 672282

Carlos Barbeito Rey
carlos-barbeitoEsta concellería asume as tarefas de mellora dos servizos tales como o alumeado público, auga, ou saneamento. Acomete tamén aquelas pequenas obras de carácter público, así coma o mantemento de edificios municipais, colexios, etc.

As súas dependencias están situadas en :

Casa do Concello
Campo da Feira, s/n
15175- Carral - A Coruña - España

Tel: 981 670002
Fax: 981 672282

Corporación municipal do Concello de Carral

Partido Popular
Jose Luis Fernández Mouriño
 
 
Alfonso García González
Florinda Duarte Gerpe
Rubén Regueira
José Manuel Montes Martinez
Margarita Ramilo Varela
Carlos Barbeito Rey
Partido Socialista Obrero Español
Pablo Couto López
Jesús Javier Cetina Mochales
José Francisco Orgeira Campelo
Patricia Blanco Fidalgo
Manuela Candelaria Rodríguez Lado
 
 
Asemblea Cidadá de Carral-SON
 
César Manuel Bergondo Trillo