O departamento de xuventude ocúpase de todas as cuestións relacionadas coa xuventude do Concello de Carral, e ademais é a responsable da OMIX (oficina municipal de información xuvenil), que vén sendo o servizo que responde ou fai posible que estas cuestións e inquedanzas dos mozos e mozas obteñan resposta. Dende esta concellería traballamos para que os mozos e mozas de Carral, atopen neste servizo a axuda precisa sobre diferentes aspectos ou ámbitos que lles interesan, coma o ocio e o tempo libre, o emprego, a vivenda, becas, cursos e formación en xeral, ou o asociacionismo e o voluntariado, canalizando e potenciando así as suas inquedanzas, e facilitando a igualdade de oportunidades dos mozos e mozas no acceso á información e ós recursos.

É ademais responsabilidade desta concellería o Local de N´Saio, un local para que todos aqueles mozos e mozas do concello poidan realizar ensaios e gravacións musicais, e que serve á vez de punto de encontro entre todos/as os/as músicos de Carral.

Trámites que se poden realizar

  • Tramitación Carné Xoven.
  • Asesoramento a asociacións xuvenís.
  • Solicitude do Local de N´Saio.
  • Información e difusión de programas para a xuvenude.
  • Asesoramento en todos aqueles temas que lles afectan na sua vida cotiá (emprego, educación, formación, becas e axudas, tempo libre, vivenda, saude…) 

Horario de atención

Inverno: de lúns a venres de 9:00 a 14:30 h.  e mércores de 16:30 a 20:00 h.

Verán: de luns a venres de 8:30 a 14:30 h.

Datos de contacto

Casa da Cultura

Rúa Paleo 17, 1º andar,

15175 Carral

  • Teléfono: 981.67.25.80    
  • Fax: 981.67.25.81
  • Mail: omix@carral.es            

Necesidade de cita previa

Non

Enlaces relacionados