Camiño Inglés de Santiago

camino-inglesEste camiño de peregrinación a Santiago é a ruta máis curta e práctica para os procedentes do Oeste e Norte de Europa que tomaban porto en Galicia. O Camiño Inglés ten dúas variantes: unha que parte dende Ferrol e a outra que comeza na Igrexa de Santiago, na Coruña. Ambas as dúas únense nun único treito nas Travesas.

A que transcorre por Carral vén dende a cidade herculina e percorre este municipio en dous traxectos. O primeiro iníciase na Lameira, circulando por estrada asfaltada por Corpo Santo, Sergude e Cañás. Encontrarémonos polo camiño unha área de descanso na Lameira, o albergue de peregrinos de Sergude, o río Brexa, arquitectura típica da zona e fermosas paisaxes.

Abandónase Carral para internarse en Sarandóns (Municipio de Abegondo) e contemplar a fermosa fachada da casa na que pasou noite Felipe II en 1554, para volver a Carral no Peito de Beira onde nos agarda unha forte pendente.

Durante o ascenso podemos considerar unha vista panorámica das Rías da Coruña, Ares e Ferrol. Cruzamos a estrada C-542 para circular por un camiño que nos leva a Bruma, nas travesas, onde moi preto do camiño contamos con outra área de descanso.

Podemos facer estes percorridos camiñando, a cabalo ou en bicicleta de montaña.

O roteiro dos Mártires

MartiesO principal feito histórico acontecido en Carral foi o fusilamento, o 26 de abril de 1846, dos oficiais que protagonizaron o levantamento en contra do réxime absolutista do Xeneral Narváez. Este camiño, cunha lonxitude de 3 Km. parte dende o centro urbano de Carral, ó lado do monumento (cruceiro) inaugurado en 1904 para recordar a Miguel Solís e os seus oficiais (os chamados Mártires de Carral). Cruza o Campo da Feira e abandona a vila en dirección ó Cemiterio de Paleo. Antes de chegar ós sepulcros dos Mártires, o camiñante pasa ó lado da Cova da Mina e do conxunto formado polo cruceiro e o peto de ánimas de Paleo. Neste punto podemos observar, no desmonte realizado na rúa, algúns restos cerámicos do poboado romano de Paleo.

No cemiterio encontramos tres sepulturas que acollen os restos dos oficiais axustizados. Regresamos cara á vila polo antigo Camiño de Paleo, circulando ó lado de terras agrícolas, para chegar ó final da ruta no lugar onde foron fusilados os Mártires. É o lugar chamado Fraga de Rei, no que xa por desgraza non podemos gozar dos centenarios carballos que foron testemuña daquel inxusto acontecemento. Podemos facer facilmente esta ruta camiñando, en bicicleta de montaña ou a cabalo.

O roteiro comenza en:

Coordenadas GPS: 43.253812, -8.354792

O roteiro comeza en:

Coordenadas GPS: 43.22973, -8.35561
 

Roteiro Mariñán - Costa da Égoa

costa-eguaNa parroquia de Beira atópase un fermoso conxunto de muíños no rio Abelleira, polo que circula un Romeiro con múltiples opcións no que respecta á súa lonxitude.

É un camiño sinalizado de case 12 km no que existen paneis interpretativos tanto ó inicio, final como ó longo do percorrido.

A principal alternativa é a que parte do cemiterio de Paleo, onde están soterrados os Mártires de Carral, e transcorre polo val de Barcia ata os muíños de Costa de Égoa. Esta alternativa pode iniciarse nos propios muíños e finalizala no cemiterio.

Pódense atopar fermosos camiños e entornos naturais, vistas panorámicas e edificacións típicas do Val de Barcia. Cerca deste Romeiro atópase a Capela de San Pedro de Rubieiro (s.XVI) e o Pazo de As Cadeas (no que pasou unha noite María Ana de Neoburgo, prometida de Carlos II, en 1680).

Este roteiro é apto para facer a pé, a cabalo ou en bicicleta, aínda que existen traxectos no entorno dos muíños que non están axeitados para o acceso de cabalos ou bicicletas.

Roteiro pola Beira do Rio Barcés

camino-inglesO roteiro, duns 4,6 km e de tipo lineal, comeza xunto á estrada AC-106 (CP1704). Neste punto atópase o primeiro panel informativo . A partir deste panel cóllese a pista de concentración parcelaria que percorre o val do río Barcés entre prados e repoboacións de piñeiros e eucaliptos.

A 600 metros tómase o desvío á esquerda cara a un sendeiro que chega ó río Barcés. O percorrido faise ó longo dunha senda de pescadores baixo un denso bosque de galería dominado por ameneiros de gran porte ata chegar á Ponte das Cabras onde se atopa outro panel informativo do Romeiro. Pódese ver o chamado Muíño das Cabras.

Despois, vóltase ó camiño principal e séguese a pista forestal que ascende ó carón dunha pequena carballeira. Dende este alto hai unha boa panorámica do Val do Barcés, ocupado por un mosaico de cultivos e prados no fondo do val entorno ó cauce, e masas forestais que ocupan as zonas máis altas.

Tras deixar esta loma, vóltase de novo ó camiño principal. Despois de 750 metros tómase un sendeiro que de novo leva ó río Barcés.

Neste último tramo pódese ver unha banda de ameneiros, freixos e chopos e os prados de sega que serven de alimento para a importante cabana Bandeira desta zona. Ó final deste percorrido atópase a fermosa depuradora ETAP de Cañás.
Este Roteiro recoméndase facer a pé.

O roteiro comenza en:

Coordenadas GPS: 43.187693, -8.367821
 

O roteiro comeza en:

Coordenadas GPS: 43.247984, -8.291030