Servizo formado por 1 educadora social , 2 traballadoras sociais e unha auxiliar administrativa. Equipo de profesionais que cubren as áreas informativas e de apoio dos servizos sociais en xeral, a educación familiar e a terceira idade, atendendo a todos os colectivos que requiran do asesoramento ou apoio necesario para acadar unha situación de benestar na súa vida persoal, laboral e social.

Trámites que se poden realizar na área

  • Valoración profesional de situacións de necesidade e intervención según demanda.
  • Información e trámitación sobre prestacións existentes, emerxencia social, RISGA, pensións.
  • Trámites relacionados co ingreso en centros de día, residencias,..etc.
  • Trámite do Servizo de axuda no fogar.
  • Trámite do Servizo Xantar na casa.
  • Trámite da Teleasistencia domiciliaria.
  • Orientación e educación familiar.
  • Trámite relacionado coa lei de dependencia.
  • Trámites relacionados coa discapacidad: de recoñecemento do grao , de revisión.
  • Trámites dos programas para maiores de vacacións e termalismo social tanto do IMSERSO como da Xunta.
  • Servizo de Asesoría Xurídica polo Consorcio As Mariñas.
  • Trámites relacionados coa Tarxeta de estacionamento para discapacitados.
  • Trámites relacionados co título de familia numerosa.
  • Apoio e asesoramento a vítimas de violencia de xénero.
  • Trámites relacionados coas minorías étnicas e inmigración.
  • Actividades de ocio, formación e benestar físico e mental.

Horario de atención

De luns a venres de 9:00 a 15:00 h.

Forma e datos de contacto

Edificio Social Toñito Espiñeira

  • Teléfono: 981 61 35 20
  • Fax: 981 67 08 40
  • Mail: serviciossociales@carral.es

Necesidade de cita previa: sí.