Policía Local

No exercicio das competencias que lles corresponden ós concellos, os corpos de Policía Local protexerán o libre exercicio dos dereitos e liberdades e contribuirán a garantir a seguridade ciudadá e a consecución do benestar social, cooperando cos outros axentes sociais, especialmente nos ámbitos preventivo, asistencial e de rehabilitación.

Trámites que se poden realizar na área

Aqueles que se desprenden de acordo co disposto no artigo 53 na Lei de Forzas e Corpos de Seguridade, así como do disposto na Lei 4/2007, Norma Reguladora de Coordinación de Policías Locais de Galicia.

Horario de atención

Continuado.

Forma e datos de contacto

Casa do Concello

Xefatura Policía Local

Campo da Feira s/n baixo

15175 Carral

  • Teléfono: 981 67 00 02 ext 127 / 689 54 43 11/ / Emerxencias 112
  • Fax: 981 672282
  • Mail: policia@carral.es

Protección Civil

Existe un Servizo municipal de emerxencias e unha Agrupación municipal de voluntarios de Protección Civil de Carral desde a cal se xestionan e atenden as emerxencias municipais e se da apoio ós eventos municipais e de outros concellos que así o solicitan.

Trámites que se poden realizar na área

A vixilancia, protección, ordenación e regulación do tráfico, estacionamento de vehículos e calquera outra actividade singular de regulación e control do tráfico urbano, tendente a facilitar a circulación de vehículos, e distintas ás habituais de sinalización e ordenación do tráfico, que sexa motivada pola celebración de espectáculos e esparexementos públicos que pola súa natureza, pola aglomeración de público que provoquen ou polas necesidades de ordenar o acceso e saída do público e vehículos así o esixan.

  • Servizos de competencia local que especialmente sexan motivados pola celebración de espectáculos públicos, grandes transportes, pasos de caravana e calesquera outras actividades que esixan a prestación dos devanditos servizos especiais.
  • A prestación de servizos de emerxencia nos casos de alarmas derivadas de incendios (en supostos de prevención e extinción deles), accidentes de tráfico, afundimentos totais ou parciais de edificios e instalacións, ruinas, derrubos, inundacións, salvamentos, cortes de silvas e outros análogos e, en xeral, de protección de persoas e bens, comprendéndose tamén o mantemento do servizo e a cesión do uso de maquinaria e equipo adscritos a tales servizos.
  • Calquera outro servizo de recepción obrigatoria prestado polo Servizo municipal de emerxencias ou por outros servizos municipais.
  • As actuacións que, aínda non sendo de recepción obrigatoria, sexan realizadas polo persoal do Servizo de emerxencias do Concello e/ou por outros servizos municipais nas materias obxecto.
  • Voluntariado. Se queres facerte voluntario da Agrupación municipal de Protección civil de Carral tes que realizar o seguinte: Se eres maior de idade solicitalo por escrito adxuntando o teu dni e teléfono de contacto. Se non eres maior de idade, adxuntar á solicitude, unha autorización da nai/pai ou tutor/a legal,  e dni dirixido á agrupación no rexistro municipal.

Horario de atención

Luns a venres de 9:00 a 15:00 h.

Forma e datos de contacto

  • Teléfono: 112
  • Fax: 981670840
  • Mail: a.v.p.c.carral@gmail.com

Necesidade de cita previa: non.