O servizo de obras encárgase do mantemento e a realización de tódalas obras municipais nos seus propios bens, a conservación e mantemento das infraestruturas municipais (colexios, zonas verdes,..) e a xestión e control da limpeza viaria e o alumeado público. Por outro lado o servizo de urbanismo encárgase das autorizacións e trámites urbanísticos

Trámites que se poden realizar na área

  • Solicitude de puntos de luz e necesidade de investimentos de utilidade pública en espazos públicos.
  • Solicitude de arranxos de desperfectos.
  • Comunicación de incidencias en xeral en espazos públicos.
  • Licencias de obra.
  • Comunicacións previas/licencias urbanísticas.
  • Certificados urbanísticos.
  • Tramitación de actividades.

Horario de atención

Luns a venres de 8:30 a 15:00 horas.

Forma e datos de contacto

Concello de Carral

  • Teléfono: 981 67 00 02
  • Fax: 981672282
  • Mail: correo@carral.es

Necesidades de cita previa: non.