Educación
Área de educación e formación na cal a veciñanza pode acadar información e orientación educativa e formativa.
Carral dispón das seguintes institucións educativas:
- Colexio público integrado CEIP Vicente Otero Valcárcel no que se estuda Infantil e Primaria
- IEs de Carral no que se estuda ESO
- Escuela Infantil “A Galiña Azul” con nenos e nenas de 0-3 años.
Trámites que se poden realizar na área
Pode ser relacionado coa educación formal e académica, tanto dirixido a estudantes que queiran continuar os seus estudos como dirixido a persoas que queiran asesorarse para acadar unha titulación oficial.
O relacionado coa formación non académica para conseguir un emprego, formación específica para completar curriculum vitae ou especializarse nalgún ámbito de interese.
Información e orientación sobre
- Becas, axudas e subvencións para estudantes.
- Trámites e prazos para preinscricións e matrículas en estudos académicos e obtención de títulos por libre.
- Información e orientación sobre accións formativas do ficheiro de especialidades formativas da Xunta de Galicia para desempregados e propio.
Programa de actividades
- Escola de Baile e música (canto, piano, guitarra e baile).
- Informática(Iniciación, perfeccionamento e cursos modulares).
- Escola de reforzo escolar.
- Inglés.
- Curso de manipulador de alimentos.
- Preparación das probas libres para obtención da ESO para maiores de 18 anos, competencias clave e Bacharelato.
Horario de atención: 9.00-15.00
Forma e datos de contacto:
Edificio Social Toñito Espiñeira
Rúa Mendez Búa, s/n CP
15175
Carral
- Teléfono: 981613520
- Fax: 981670840
- Mail: educación@carral.es
Necesidade de cita previa: non.
Emprego
Área de emprego do Concello de Carral onde se poden informar e orientar en todo o relacionado coa mellora e a promoción do emprego; emparellamento de ofertas e demandas, formación e orientación para o emprego
Existe un servizo municipal de emprego onde as persoas interesadas en buscar un posto de traballo se poden inscribir. Desta maneira, as empresas que queiran traballadores poden contactar co servizo e pedir o perfil para o posto que necesiten. Remítense ós candidatos que , cumprindo o mencionado perfil, estén previamente inscritas.
Orientación e apoio ao emprendedor
Trámites que se poden realizar na área
- Orientación laboral
- Elaboración de curriculum vitae
- Ofertas de traballo, inscrición no servizo municipal de emprego
- Formación e apoio na búsqueda de emprego
Horario de atención
De luns a venres de 9:00 a 15:00 horas.
Forma e datos de contacto
Edificio Social Toñito Espiñeira
Rúa Mendez Búa, s/n
CP 15175 Carral
- Teléfono: 981613520
- Fax: 981670840
- Mail: educacion@carral.es
Necesidade de cita previa: non.