Saúdo do Alcalde

alcalde-carralQueremos dar a benvida a páxina web do concello de Carral.

Un espazo informativo e de comunicación aberta no que poder compartir e fomentar os vínculos entre todos; así como ofrecer unha atención máis eficaz, áxil e adaptada ás necesidades actuais de todos os veciños.

Este espazo é de todos vós, esperamos que o desfrutedes e por suposto formedes parte del.

Con este novo espazo na rede, queremos tamén ofrecer un punto de referencia e unha completa guía de información, na que amosar todas as posibilidades que este concello ten para ofrecerlles a todos aqueles que seleccionen o noso municipio para visitarnos.

A todos eles a máis sincera benvida.

A nosa privilexiada situación xeográfica; unida a un aumento da poboación provocado tanto pola súa ubicación estratéxica como pola calidade de vida que ofrece o noso municipio… fixo que durante os últimos anos Carral non deixase de medrar e se fose convertindo cada vez máis nun espazo cheo de posibilidades e oportunidades.

Neste camiño, todo o equipo de goberno seguiremos traballando con máis forza que nunca.

En Carral, un municipio que mira ó futuro con optimismo; confiamos en seguir medrando e sobre todo contando coa vosa compaña no camiño.

Benvidos a esta fiestra informativa aberta permanentemente á vosa participación.

 

Jose Luis Fernández Mouriño.
ALCALDE DE CARRAL.

Información para pedir citas con alcaldía

Para solicitar unha cita coa alcaldía de Carral, podes poñerte en contacto a través dos seguintes medios:

    • Correo electrónico: contacto@carral.es

 

  • Teléfono de contacto: 981670002