O Concello de Carral ocupa unha superficie de 48 Km2 e está situado preto da cidade de A Coruña e como lugar de paso ou carrilana (de aí o seu nome) á cidade de Santiago dende a cidade da Coruña. Linda cos municipios de Cambre (norte), Ordes (sur), Cerceda (oeste), Abegondo (este), Mesia (*suroeste) e Culleredo (*noroeste).

O municipio de Carral está formado por oito parroquias: Paleo (Carral), Tabeaio, Quembre, Sergude, Cañás, San Vicente de Vigo, Sumio, Beira. Carral é un lugar con especiais atractivos turísticos, históricos, paisaxísticos, etnográficos, culturais e gastronómicos. Gastronómicos sobre todo polo seu pan e as súas empanadas que forman parte da identidade dos carraleses dende fai séculos.