XACARANDAINA ACTÚA ESTE SÁBADO EN CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

O grupo de música e baile tradicional da asociación xuvenil Xacarandaina actuará este sábado en Carral, realizando un pasarrúas desde a Praza da Capela ata o Campo da Feira,Cartel Xacarandaina 2017. onde realizará unha mostra das súas mellores pezas.

Esta actuación organizada pola Concellería de Cultura está incluída no programa Danza 3 que promove Agadic. O pasarrúas comezará ás 11:30 h.

Xacarandaina, dirixido por Quique Peón,  é un dos mellores grupos folclóricos de Galicia, cun extenso historial de actuacións por todo o mundo, e cun traballo intenso de recuperación da música, cancións e bailes tradicionais de Galicia.