XABI LONGUEIRÓN OFRECE UN CONCERTO INFANTIL EN TABEAIO

O Local Xente Nova de Tabeaio acollerá un concerto infantil a cargo de Xabi Longueirón o sábado 26 de decembro ás 17:00 h.

Xabi Longueirón, que é mestre no colexio Vicente Otero, conta cun interesante e exitoso repertorio de música infantil, que o ofrecerá ás nenas e nenos de Carral.

O aforo é limitado e atende ás recomendacións para evitar o contaxio do Covid-19. Para asistir é necesario anotarse antes das 14:00 h. do mércores 23 de decembro chamando ao 981 672 580.