“VILA DE CEE” CONSEGUE O VII MARATÓN DE FÚTBOL SALA DE CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

O equipo dá Costa dá Morte alzouse co trofeo de campión tras unha dura loita co “Grupo Work”, de Coruña.                              

 

SONY DSC

O domingo 23 de agosto o club Fame Negra organizou, en colaboración co concello de Carral, o “VII Maratón de Fútbol sala Feminino” no pavillón municipal de Espiño de Carral. Nesta edición foron un total de 4 os equipos que participaron neste maratón futboleiro, que viñeron de Pontevedra, Cee, Coruña e Carral. En total foron case 60 as deportistas participantes.

 

O torneo comezou sobre as tres da tarde cun formato de liga a unha volta no que todos se enfrontaron con todos en partidos de 40 minutos. Ao longo das máis de 5 horas que durou o maratón, producíronse os seguintes resultados:

15:00h Vila de Cee -CD Fame Negra: 5 -0

  • 16:00h Grupo Work – Futsal Celta: 2 – 1
  • 17:00h CD Fame Negra – Grupo Work: 1 – 3
  • 18:00h Futsal Celta – Vila de Cee: 0 – 2
  • 19:00h CD Fame Negra – Futsal Celta: 3 – 6
  • 20:00 h Vila de Cee – Grupo Work: 1 – 1

O título de campión disputouse no último partido entre o Vila de Cee e o Grupo Work. Comezaron adiantándose as coruñesas, resultado que nese momento as erguía como campioas do maratón. Pero xa na segunda parte o Vila de Cee conseguiu devolver a igualada a marcador, que ao cabo, pola diferenza de goles, o converteu no campión do torneo.

Así, sobre as 21.00 h do domingo tivo lugar a entrega de trofeos, dando como resultado o seguinte:

  • 1º Clasificado: FSF Vila de Cee
  • 2º Clasificado: Grupo Work FSF (Coruña)
  • 3º Clasificado: Futsal Celta (Pontevedra)
  • Trofeo deportividade: Club Deportivo Fame Negra (Carral)
  • Mellor xogadora do torneo: Carla Martínez (Vila de Cee)
Fotos
Fotos