VIII TORNEO DE CHAVE DE NADAL EN CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

Máis de 50 chaveiros daranse cita o domingo no Campo da Feira de Carral.

Cartel Torneo Nadal de chave 2019Na liña de apoio e promoción constante ao deporte tradicional, o Concello de Carral organizará o domingo 22 de decembro o VIII Torneo de  Chave de Nadal, aproveitando o parón vacacional na competición federada da modalidade.

Co obxectivo de fomentar este deporte tradicional tan arraigado no municipio, neste evento tomarán parte unha selección de xogadores   amateur e os tres equipos da localidade que participan en competicións federadas; o Club de  Chave   Ans, o Club de  Chave Ou Pazo  de  Quembre  e o Club de Casa Couto.

Este evento comezará sobre as 11.00   h no Campo da Feira e finalizará ao redor das 13.00   h. para pasar a continuación, a facer entrega de trofeos e posteriormente únaa degustación duns  petiscos para todos os participantes.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981. 672.580 ou no  mail deportes@carral.es.