VII MARATÓN DE FÚTBOL SALA FEMININO EN CARRAL

posted in: Novas Concello | 0

Máis de 90 xogadoras participaron neste torneo a pasada edición. 

Cartel Fútbol Sala FemeninoAo longo deste fin de semana terá lugar no pavillón municipal de “O Espiño”, a 7ª edición do Maratón de fútbol sala feminino de Carral. Este campionato está organizado polo club Fame Negra, coa colaboración do Concello de Carral. Este torneo naceu fai xa sete anos como unha competición amigable entre clubs de distintos puntos da xeografía galega.

O torneo empezará o sábado 22 sobre as catro da tarde. Nunha primeira fase, os equipos dividísense en dous grupos, dentro dos cales se disputasen senllas liguillas. Esta fase rematará entorno ás 0:30 da madrugada. O domingo 23 os partidos comezarán sobre as 10.30 h. A primeira hora terán lugar os encontros entre os 2 peores de cada grupo do sábado, dos que sairán os 5º, 6º, 7º e 8º clasificados do torneo, rematando esta fase en torno ás 17.30 h. Por outra parte, os dous mellores de cada grupo enfrontaranse tamén dende ás 11.00 da mañá nas semifinais do torneo. Aquí aclararanse os dous mellores equipos que chegarán a final (18.30 h) e os que disputarán o 3º e 4º posto (17.30 h). Así, arredor das 19.30 h do domingo finalizará este gran fin de semana de competición.