VEN FACER RAFTING E PAINTBALL CA OMIX

A OMIX, organiza dúas actividades de aventura para os rapaces e rapazas de Carral. A primeira delas paintball, o día 9 de outubro, para nenos e nenas de 10 a 14 anos. O prezo é de 8 euros,  e a saída será desde a casa da Cultura, ás 16:30 h.

A segunda das actividades é a de rafting, que se realizará o luns 12 de outubro. Ás 9:30 h.será a saída desde a Casa da Cultura cara o lugar de realización da actividade, que está destinada a rapaces e rapazas de 12 a 16 anos. O prezo é de 15 euros.

En ámbalas dúas actividades as prazas son limitadas, e o prazo de inscrición é ata o día 7 de outubro.

Se precisas máis información podes pasar pola OMIX, situada na Casa da Cultura, ou chamar ó teléfono 981672580.