TRINKETRINKE TEATRO ESTARÁ DE NOVO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL CON “ A SAÚDE EFECTIVA”

posted in: Novas Concello | 0

asaúdeafectivaO próximo xoves, 23 de febreiro, na Biblioteca Pública Municipal,  Trinketrinke teatro presentará unha nova sesión de contacontos: “ A saúde afectiva”.

Nesta ocasión os ratiños de Lonxedetodo ensinarán ós rapaces o importante que é ser boa persoa, e ter unha relación satisfactoria con todos os que nos rodean.

Os contos escollidos para esta actividade son: “Mi vecina está enamorada” de Réjis Lejonc e “Yo” de Philip Waechter.

Será ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal.

Entrada libre.

Pregamos puntualidade.