Tag Archive for: trinketrinke

Nas vésperas do último xoves de mes, a Biblioteca municipal xa está anotando reservas para asistir ao contacontos para animación á lectura dos máis pequenos. Trinketrinke Teatro volve cos Ratos de Lonxedetodo para contarnos a súa “Viaxe pola Galicia encantada”. Esta actividade, que terá lugar ás 18:00 h, está incluída no programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Estas sesións están dirixidas a nenas e nenos de 4 a 8 anos de idade. Para participar deberán reservar convites chamando ás Casa da Cultura (981 672 580). As prazas son limitadas.

TrInketrinke Teatro volve á Biblioteca Municipal, e nesta ocasión para presentar o seu  espectáculo “O pequeno circo das mans”, con Lilí Gruyère.

O contacontos está dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos e o aforo é limitado polo que é necesario recoller o convite previamente en calquera das bibliotecas.

Será o xoves 29 de novembro ás 6 da tarde na Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura.