Tag Archive for: Pleno Concello

O Concello de Carral únese ao Pacto de Alcaldes para o Clima e a Enerxía da Unión Europea. A adhesión a este pacto aprobouse o luns 1 de abril no pleno cos votos a favor do Partido Popular de Carral e do PSOE, Asemblea por Carral non asistiu á sesión.

O Concello asume así o compromiso de contribuír cos indicadores que a UE fixa para o ano 2030: a redución do 40% de emisións de CO2 no territorio a través de medidas de eficiencia enerxética e dun uso de fontes de enerxía renovables, e a adaptación ao cambio climático. Ao subscribir o Pacto, Carral desenvolverá un plan de acción no prazo de dous anos.

Así mesmo, o pleno deu luz verde a delegar na Administración Xeral da Comunidade Autonómica de Galicia as competencias do Concello relativas á convocatoria de procesos selectivos para acceder ao corpo da Policía Local, así como ás prazas de auxiliares de Policía Local e ás de vixiantes municipais. A proposta de alcaldía aprobouse cos votos a favor do PP de Carral e do PSOE.

Durante a sesión plenaria realizouse tamén o sorteo e a designación dos membros das mesas que terán que actuar nas eleccións do 28 de abril.