Tag Archive for: monicreques

O Festival InternCartel web Galicreques Carral 2016.acional de Títeres Galicreques do Consorcio das Mariñas chega na súa décima segunda edición a Carral, á sala polivalente do edificio social Toñito Espiñeira.

A primeira función será o sábado 1 de outubro, recomendada para nenos a partir de 2 anos, a cargo da compañía arxentina El Retablo de la Ventana presentando a obra El gato con botas. Liliana e o seu gato Víctor Hugo comezan a narrar o conto, logo de atopar o libro nun vello Baúl. Esta recreación para monicreques do clásico infantil de Charles Perrault, móstranos a un gato que asume a responsabilidade de sacar da pobreza ao seu amo. O Gato quere cumprir un soño vivir sen cazar ratos. A astucia e valentía do gato por enfrontarse á situación e a un temible ogro, converte ao pobre muiñeiro no Marqués de Carabás . Co consentimento do Rei, casa coa Princesa. Así o Gato e o seu amo pasan a vivir unha vida de reis. Ao final Liliana e Víctor Hugo deciden xogar a ser os personaxes do conto. O espectáculo comezará ás 18:00 h.

A segunda función será o sábado 8 de outubro, tamén no Toñito Espiñeira e á mesma hora, con Os soños na gaiola da compañía galega Títeres Alakrán. É un espectáculo infantil para maiores de 5 anos no que o titiriteiro chega á vila cunha gaiola cargada de soños. Acompáñao o poeta Manuel María transformado en monicreque. Manuel María quere que o titiriteiro represente os poemas que el escribiu para divertir aos nenos e nenas galegos. Para facelo, o titiriteiro pídelle aos integrantes do público que sopren forte para lle axudaren a facer nacer a Alicia, a nena protagonista desta historia. Alicia vivirá unha serie de fantásticas aventuras na súa viaxe por un mundo que lle resulta exótico, éstrano, e mesmo incomprensible. Ao comezo da súa andaina, Alicia tópase co Río Miño, que ten présa por realizar a importante misión que lle encomendO soño na gaiolaara: atravesar Galicia antes de chegar ao mar. Pola confusión do nome, O Río Miño tenta atravesar a Alicia, mais ela acláralle que para ser Galicia lle faría falta un G que non ten.

A entrada aos espectáculos é de balde e o aforo limitado. A Concellería de Cultura solicita que as persoas interesadas en asistir aos espectáculos de Galicreques sexan puntuais para evitar interrupcións e molestias tanto ao público como aos artistas. Ademais aconsella aos pais que acompañen e atendan aos pequenos durante a función para gozar en familia dos espectáculos, axudarlles a interpretar o contido das obras e ensinarlles o comportamento que deben ter nesta clase de actos, para así conseguir que a función de monicreques sexa unha experiencia entretida e edificante para todos os asistentes.

Imaxen Tanxarina TitiricircusA Concellería de Cultura do Concello de Carral programa nas festas do Socorro de Carral dous espectáculos infantís. O primeiro é un concerto do grupo Mamá Cabra, no que repasará a súa traxectoria destes 15 anos de existencia da agrupación musical que é unha das máis coñecidas dos nenos galegos. Mamá Cabra actuará o sábado 5 de setembro e é un concerto incluído na Rede Cultural da Deputación.

O domingo 6 os pequenos e os maiores da familia poderán gozar dun espectáculo de títeres a cargo da compañía galega Tanxarina, que chega a Carral coa súa veterana función Titiricircus, un espectáculo que acumula 1200 representacións. Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido. Esta función está incluída no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

Ámbolos dous espectáculos terán lugar no Campo da Feira a partir das 18:00 h.