Tag Archive for: microempresas

Coa achega da Deputación da Coruña a través do PEL REACTIVA do 80% e do Concello de Carral do 20% existe un fondo de financiamento de 112.962,78€ para poder levar a cabo esta liña de axudas. O procedemento de concesión de axudas reguladas é o de concorrencia competitiva de acordo co establecido no artigo 22.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

O PRAZO é dende o 6 ata o dia 25 de novembro de 2020 ás 14.00 horas.

A SOLICITUDE realízase únicamente por via electrónica a través da sede electrónica do Concello de Carral. O enlace é o seguinte “Solicitude de axudas PEL REACTIVA”:

https://sede.carral.es/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudAyudasPelReactiva

BENEFICIARIOS

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, de 17 de marzo.

 

Con carácter xeral, os beneficiarios/as das axudas, deberán cumprir cos seguintes REQUISITOS:

Ter o seu domicilio fiscal no municipio adherido a PEL-REACTIVA ao que presenta a solicitude.

Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT e coa TXSS.

Non ter débeda algunha co concello.

Estar ao dia no cumprimento das obrigas tributarias coa CC.AA. de Galicia e coa Deputación da Coruña.

Cumprir coas obrigas previstas na Base 14.

Requisitos específicos das persoas físicas

Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

Requisitos específicos das persoas xurídicas

A data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición, no rexistro público correspondente, debe ser anterior á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

Exclusións
Quedan expresamente excluídas destas axudas as asociacións, as comunidades de propietarios en réxime de propiedade horizontal, as administracións públicas, organismos públicos, entes dependentes, as congregacións e institución relixiosas, as Unións Temporais de Empresas, as comunidades de bens, as herdanzas xacentes así como as sociedades civís sen personalidade xurídica propia e demais entidades carentes da mesma.

DOCUMENTACIÓN

Solicitude de axudas PEL-REACTIVA. Anexos da sede electrónica

NIF/NIE ou CIF segundo corresponda (só se o presentador defire do interesado).

Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigas.

Certificado actualizado de Situación Censal da Axencia Estatal Tributaria.

Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesourería xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores/as.

Beneficiarios do Grupo II: Acreditación da redución de ingresos no segundo trimestre fiscal de 2020, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro de rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaración de IVE, IRPF.

Beneficiarios do Grupo III: Documento acreditativo da situación de ERTE

 

PERÍODO SUBVENCIONABLE: 1 de marzo ata o 31 de decembro de 2020

CONTÍA: Poden ser de 1500€ , 2000€, 2500€ ou 3000€ según os requisitos que cumpra a persoa traballadora autónoma ou microempresa.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES: compra de material (material antiséptico o desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza) arrendamentos, renting e cánones (maquinaria, vehículos, locais, instalacións), reparación e conservación (adaptación de locais ás medias de protección frente ao COVID 19), primas seguros (seguros responsabilidade civil, de accidentes), suministros (auga, gas, combustibles, electricidade). O IVA non se considera subvencionable.

Enlace á convocatoria completa

NORMA 18 BASES ESPECIFICAS PEL REACTIVA