Tag Archive for: festagastronómica

Este ano a celebración da Festa da empanada de Carral vai ser o xoves 6 de setembro a partir das cinco da tarde. Como cada ano, diferentes panaderías carralesas venderán as súas empanadas para tódolos gustos: bonito, bacallau, zamburiñas, carne,..etc entre outras viandas..Poderemos disfrutar dunha tarde agradable comendo no campo da feira e bebendo viño de forma gratuita.

Ademáis estarán grupos folclóricos amenizando a tarde con gaitas, pandeiretas e baile tradicional galego.

Festa gastronómica de grande interese turístico no que se poden achegar tanto persoas veciñas como foráneas a desfrutar das elaboracións dos fornos carraleses.

En breve publicaremos o cartel…

Empanada2017 (3)O próximo 7 de setembro disfrutaremos de novo da Festa de exaltación da empanada de Carral coa participación de varias panaderías carralesas. Festa na que tamén podemos disfrutar de grupos folclóricos, baile tradicional e gaitas con grupos tradicionais galegos.  Entre os cales actuará A Agrupación folclórica Ximiela de Louro-Muros con Baile tradicional galego, gaitas e pandeiretas e a Banda de Gaitas Ferreñas coa súa actuación Mesturas 2017 e nosa agrupación de Carral O Rueiro.

A partir das cinco da tarde no Campo da feira de Carral