Tag Archive for: escolaveran

A Concellería de Educación organiza para o mes de xullo a Escola de Verán 2016 Gozar do tempo libre para nenos e nenas de 3 a 17 anos.

Unha vez que rematan as clases chega o momento de desfrutar do verán. Nesta actividade os máis pequenos realizarán actividades deportivas, obradoiros creativos, actividades de educación ambiental, de educación vial, xogos e moito máis.

O lugar de realización das actividades será no Pabellón O Espiño, o Centro de formación Antón Fraguas, Casa da Cultura e pistas deportivas ao aire libre.

As datas de realización son dende o 4 de xullo ata o 30 de xullo que se remata coa Festa da familia durante todo o día e aberto a todo público.

De luns a venres o horario de entrada pode ser dende as 8.30 ata as 9.45 según necesidades de conciliación familiar e laboral. Alargaranse as actividades ata as duas da tarde.

Prezo:70€

Prazo inscrición: 28 de xuño

Reunión informativa  con inscritos: 1 xullo 20.30 no Edificio Toñito Espiñeira

PRAZAS LIMITADAS

Máis información en Educación 981613520

BOLETINESCOLADEVERAN2016