Tag Archive for: cultura

A Biblioteca da Casa da Cultura abrirá a partir do 22 de xuño con todos os seus servizos, aínda que se manteñen restricións e recomendacións para evitar os efectos do open-book-1428428_1920coronavirus.

Os servizos que se prestarán serán os de préstamo, lectura en sala e uso de ordenadores públicos. O horario será de 10:00 a 14:00 h. de luns a venres. A biblioteca infantil situada na rúa do Castro permanecerá pechada, pero poderase dispor do seu fondo solicitando obras na da Casa da Cultura.

O protocolo que se manterá na Biblioteca é o seguinte:

  1. Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
  2. Servizos que se ofrecen:
    • Préstamo de libros e audiovisuais
    • Lectura en sala
    • Uso dos ordenadores públicos
  3. A atención ao público farase no mostrador da Biblioteca.
  4. O aforo queda fixado en 23 persoas.
  5. O uso da máscara é obrigatorio durante todo o tempo de permanencia nas instalacións da Casa da Cultura, incluída a Biblioteca.
  6. É obrigatorio a hixiene de mans á entrada da Biblioteca co hidroxel dispoñible no acceso.
  7. O préstamo farase nas seguintes condicións:
    • As persoas usuarias non terán acceso directo á colección .
    • Priorizarase a atención con cita previa, solicitando os exemplares desexados chamando ao 981 672 580 ou enviando un correo a biblioteca@carral.es.
    • Presencialmente poderase solicitar o préstamo de exemplares. Será o persoal da Biblioteca quen se encargue da busca e entrega da obra solicitada.
    • Para consultar o catálogo e dispoñibilidade de obras, accederase a https://rbgalicia.xunta.gal/es/biblioteca-publica-municipal-de-carral.
    • Para a devolución de libros ou audiovisuais existen as seguintes opcións:
      1. Pódese depositar na caixa do correo da Casa da Cultura (sinalizado como “Buzón” xunto ás portas principais) en calquera horario.
      2. Se non require solicitar un novo préstamo, e dentro do horario de apertura da Casa da Cultura (de 9:00 a 14:00 h.), pódese deixar no mostrador da planta baixa
      3. Se require solicitar un novo préstamo, pódese facer no mostrador da Biblioteca.
  1. A lectura nas mesas realizarase nos postos sinalados, mantendo as distancias interpersoais coas restantes persoas e evitando colocar moitos obxectos (libretas, lapis, carteiras, lentes, teléfonos, ordenadores, tabletas…) enriba das mesas.
  2. Recoméndase que o tempo de lectura nas mesas ou butacas non supere as dúas (2) horas.
  3. Poderanse usar para a lectura as butacas, sen que se poidan desprazar.
  4. O uso dos ordenadores públicos estará restrinxido a 30 minutos por persoa.
  5. Se manteñen as prohibicións de comer ou beber na Biblioteca.
  6. Respecte a sinalización e as indicacións das bibliotecarias.

Debido a que aínda están pechadas as bibliotecas de Carral, e coa finalidade de que os rapaces manteñan contacto coas Lili_Gruyere_Lonxedetodopersonaxes das sesións de contacontos, os Ratos de Lonxedetodo, de Trinketrinke Teatro, preparan para este semana uns vídeos cos que desexan saúdar e contarlles un conto. Será Lili Gruyere quen se encargue desta comunicación a través da páxina de Facebook de Cultura (CulturaCarral).

O primeiro vídeo farase público o martes 12, e os seguintes o xoves 14 e o sábado 17 de maio.

É un dos xeitos nos que o departamento de Cultura desexa manter actividade cultural. A súa páxina de Facebook ten publicado unha diversa oferta de contidos, propostas e suxestións de carácter cultural para axudar ás familias do municipio a superar o período de confinamento provocado polo Covid 19.

 

Monumento Mártires de Carral -  16 webO estado de alarma decretado pola pandemia do coronavirus, coas recomendacións e restricións que supón, obrigan ao Concello de Carral a non levar a cabo ningún tipo de acto o 26 de abril para homenaxear o cabodano do fusilamento dos Mártires de Carral, tal e como se veu facendo desde sempre.
O Concello, en representación da cidadanía carralesa, sen ningún tipo de protocolo depositará flores no monumento que honra aos oficiais executados na Revolución de 1846.

O departamento de Cultura realizou unha avaliación do calendario de accións que se levaron a cabo ao longo de todo o 2019. A programación cultural experimentou, nos últimos

Fillas Bravas - Chévere - Carral

Fillas Bravas – Chévere – Carral

anos, unha tendencia de crecemento, tanto no número de propostas como en cifras de asistencia.
Unha das conclusións máis positivas que indica o estudio é a tendencia de crecemento que a programación cultural experimentou nos últimos anos –tanto en número de actividades como en cifras de asistencia-. Así, tal e como sinala o documento, o Concello organizou, durante o 2019, un total de 73 actividades ás que acudiron 5.314 veciños e veciñas do municipio. En contraposición, en 2015 leváronse a cabo un total de 50 actos culturais que congregaron a 3.452 participantes.
No estudo fíxose unha distinción en función da tipoloxía das iniciativas, dividíndoas nas seguintes categorías: teatro, maxia, títeres e monólogos; contacontos; cine; danza; música; exposicións; festas; obradoiros e escolas e outros –conferencias, club de lectura, etc.-. De todas as propostas realizadas, o concerto de The Cerne foi a que acadou a mellor cifra en canto a número de espectadores (450, en total).
Moitas das propostas están englobadas dentro de programas como a Rede Cultural da Deputación da Coruña, Cultura no Camiño, Ler conta moito, Rede de Normalización Lingüística, Festival Galicreques e o Encontro de Música de Pulso e Púa. Porén, 37 foron de organización propia ou en colaboración con outras institucións.
Por último, o documento presenta algunhas das conclusións e aspectos a mellorar. Para o período actual e para vindeiros exercicios, o departamento de Cultura márcase, entre outros, os seguintes obxectivos:
•    Cubrir a oferta cultural nos meses de menos programación, sobre todo, no primeiro semestre do ano.
•    Valorar a posibilidade de organizar espectáculos de danza na rúa.
•    Consolidar os ciclos de artes escénicas, de cine, festivais, etcétera, que xa obtiveron bos resultados en pasadas edicións.
•    Fomentar a oferta musical con espectáculos atractivos e seguir coa estratexia de concertos didácticos cos que crear novos públicos.
•    Deseñar unha oferta de obradoiros que permita atender a demanda por actividades que mesturen formación e lecer.

Pódese acceder ao informe premendo aquí.

Por mor da situación provocada polo coronavirus, e atendendo á D.A. 3ª.3 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 “1. Suspéndense termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanudarase no momento no que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.”
Isto supón que a data para presentar obras ampliarase máis alá do 3 abril do 2020 fixado actualmente nas bases, notificándose a nova data límite no momento en que perda vixencia a norma citada. Asemade, a data prevista para a entrega do premio e presentación do libro gañador na anterior edición, tamén se ve afectada por esta situación, notificándose no momento oportuno a nova data para levar a cabo devandito acto.

Cartel_Pedron_A2wO venres 14 de febreiro remata o Ciclo de Películas Documentais Galegas coa proxección de “Pedrón do Freixo”. Para a presentación e posterior faladoiro, contarase coa presenza do seu director, Ángel Cordero.
“Pedrón” (José María Tojeiro Pita), un home da parroquia do Freixo (As Pontes, A Coruña) de 83 anos, relata a súa vida chea de duras experiencias, onde o traballo a reo, a ausencia de familia e a integración na comunidade son un reflexo do acontecido na súa terra. A través da súa historia (compendio de tenacidade, supervivencia e bo humor) coñeceremos a esencia de O Freixo, unha parroquia chea de vida hai un século, agora camiño do despoboamento.
Como ven sendo habitual, a sesión comezará ás 20:30 h. na sala de audiovisuais da Casa da Cultura.

Co obxecto de que as persoas e grupos que desexen participar na festa do Entroido de Carral saiban como proceder, a Concellería de Cultura publica as bases que poden descargar a continuación:

Bases concursos Entroido Carral 2020

 

Cartel Cociña Entroido 2020.A Concellería de Cultura ofrece un novo obradoiro de tres horas para aprender receitas que aproveitan a moita comida que sobra durante as celebracións do Entroido.

O curso será impartido polo chef Diego Pita no Centro de Formación Antón Fraguas os días 17 e 19 de febreiro.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas deberán dirixirse á Casa da Cultura.

As prazas son limitadas.

A segunda sesión do ciclo de películas documentais galegas que acolle a Casa da Cultura, será presentada polos directores do documental Estruturas. Pel contra pel, Xosé Bocixaestrutura 15x844 e Paco Gallego. A proxección comezará ás 20:30 h. O aforo é limitado.

Este documental analiza como ten sido a intervención do ser humano coas súas construcións na paisaxe galega e cal é o resultado que actualmente vivimos.

Unha vez finalizada a proxección do documental, os autores do filme manterán un coloquio cos espectadores.