SERGIO PAZOS SUBE AO ESCENARIO DOS VENRES DE MONÓLOGO

Serxio Pazos - cadradoHoxe chega ao ciclo Venres de Monólogo o actor Sergio Pazos, que presentará “Rebento se non o conto” ás 21:00 h. no edifico social Toñito Espiñeira.

Un galego recoñecido, ou recoñecible segundo se mire, atrévese a analizar unha realidade tan próxima e tan afastada como a que conforma España. Destripa os seus tópicos, as súas mentiras piadosas e as súas medias verdades coa ironía como único bisturí. E sempre coa percepción dun tipo que sae da súa terra para traballar. Como tantos outros. No fondo, é o que di Sergio: “hai máis galegos fóra que dentro”. Falou Pazos e falou ben.

No seu percorrido retranqueiro desta realidade reflexionará sobre os monólogos e de por que el non os fai (ou si), sobre xeito de sermos os galegos e sobre a idiosincrasia de Mariano Rajoy (que é galego ao 100%).  Tamén esmiuzará a apocalipse, os recortes e, sobre todo, falará da crise: na Casa Real, dos políticos, do goberno, entre outras cousas.

A entrada á función é libre ata completar o aforo.